Sinalan que Feijóo leva o “engano, desemprego e corrupción” a uns orzamentos “fallidos”

Sinalan que Feijóo leva o “engano, desemprego e corrupción” a uns orzamentos “fallidos”

Sinalan que Feijóo leva o “engano, desemprego e corrupción” a uns orzamentos “fallidos”

Abel Losada acusa á Xunta de buscar “uns cidadáns máis débiles e vulnerables que traballen por menos diñeiro”

Reclámalle ao PP que Navantia, a Sepi, Rajoy e o ministro de Industria que “estean á altura das circunstancias” da emenda aprobada para desbloquear o dique flotante

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo que Feijóo aprobou hoxe uns orzamentos “fallidos” caracterizados polo “engano, desemprego e corrupción”. Así o dixo antes de que o PP aprobara en solitario as contas para 2013 nas que o rodillo só admitiu tres emendas das en torno a de 600 presentadas polos socialistas.

O responsable socialista criticou que o obxectivo da Xunta é “conseguir uns cidadáns máis débiles e vulnerables dispostos a traballar por menos salario e incrementar os beneficios dos empresarios”. Criticou que ese é o obxectivo do PP, tal e como evidenciou Rajoy coas súas declaracións afirmando que “non cumprin coas miñas promesas, pero si co meu deber”.

Advertiu que “hai que contarlle aos cidadáns cal é o deber –de acordo co PP- antes de que voten”, e explicou que “o seu deber é ideoloxía e ten un obxectivo político claro” que é o de reducir os salarios. Lembrou que os últimos datos apuntan que o salario dos galegos e galegas é o terceiro mais baixo do Estado.

Sinalou que o orzamento de Feijóo resulta “fallido” por canto fracasa no impulso do crecemento e modernización económica, non acada mais recursos públicos que garantan a solidariedade das persoas, e resulta errado na redistribución da riqueza entre a poboación para actuar con xustiza social.

Apuntou que o orzamento incide na “mentira” ao presentar a “terceira fase da redución da administración paralela” cando a realidade é que hoxe foron votados os orzamentos dun total de 78 “chiringuitos” da administración paralela da Xunta.

Engadiu que a corrupción “afecta á calidade democrática e á vida política e económica do país” e criticou que o PP renunciara a dar a cara cultivando un “escepticismo lexítimo diante da catarata de casos de corrupción”.

Finalmente, sinalou que estes orzamentos fracasan na creación de emprego ao reducir os drasticamente os orzamentos para políticas activas de emprego. Esixiulle así ao Goberno galego que “goberne para garantir mais oportunidades aos 600.000 galegos por debaixo do limiar da pobreza, aos 300.000 parados e paradas, aos 90.000 fogares con tódolos seus membros en paro e aos 30.000 sen ningún tipo de ingreso.

Losada cualificou de “provocación social” o discurso do goberno galego “desvinculado da realidade social” e que vai contra as persoas en dificultades que están “ao límite”. Neste sentido, dixo que “os vinte coches da policía que hoxe están ás portas do Hórreo non foron postos para evitar as manifestacións dos cidadáns agradecidos coas políticas do PP”.

Emendas

O responsable socialista reclamoulle ao PP que garanta que “os seus representantes en Navantia e a Sepi, así como Rajoy e o ministro de Industria estean á altura das circunstancias” da emenda socialista aprobada hoxe para desbloquear 5 millóns de euros ao dique flotante de Ferrol. Reclamou que o PP destine estes orzamentos efectivamente a esta infraestrutura, e advertiu da “estafa” do Grupo Popular.

Criticou as “mentiras” do Goberno galego, e dixo que “a un partido que non condenou a ditadura franquista cústalle entender a división de poderes entre o lexislativo e o executivo”. Aludiu así a que a Xunta emitira unha nota de prensa atribuíndose o acordo en base á emenda dos socialistas e abríndoa ao dique flotante “ou outras infraestruturas”.

Losada tamén salientou que no debate fora aprobada unha emenda socialista para incrementar os impostos ás grandes fortunas e acadar 8 millóns de euros adicionais e lamentou a negativa do PP a destinar este investimento adicional á formación e o emprego dos mozos e mozas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar