Sinalan que Feijóo debe “dar a cara” polo “engano, paro e corrupción” que está a provocar o PP en Galicia

Sinalan que Feijóo debe “dar a cara” polo “engano, paro e corrupción” que está a provocar o PP en Galicia

Sinalan que Feijóo debe “dar a cara” polo “engano, paro e corrupción” que está a provocar o PP en Galicia

Abel Losada critica a “absoluta irresponsabilidade política” amosada por Feijóo ao criticar o Caso Bárcenas e eludir o “inxente número de casos de corrupción que salpican ao PPdeG”

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiulle a Feijóo que “dea a cara” diante do “engano, paro e corrupción” que “marcan o seu comezo de lexislatura”. En declaracións aos medios, criticou a “absoluta irresponsabilidade política” amosada polo presidente galego, que critica o Caso Bárcenas pero elude o “inxente número de casos de corrupción que salpican ao PPdeG”.

O responsable socialista criticou a “diferente vara de medir” amosada onte polo presidente da Xunta afirmando a súa “repugnancia” diante deste caso pero “non facer asunción de responsabilidades nin dar explicación algunha aos galegos” sobre os casos que atenazan ao PP galego. Criticou que esta actitude, nunha situación económica e laboral dramática, provocan o desapego da cidadanía e “incrementan o desánimo”.

Losada dixo ademais que o PP dirixido por Feijóo “non está sendo quén de dar unha resposta axeitada” aos problemas de corrupción que hoxe cristalizaron no concello de Santiago de Compostela. Advertiu que a “imaxe absolutamente negativa” que este caso traslada á opinión pública atopan acubillo nun “discurso antipolítico enormemente perigoso”.

Reclamoulle ao presidente da Xunta unha resposta contundente e que abandone o seu “dobre discurso e dobre moral” que mantén ao afirmar que non militaba no seu partido cando Pablo Crespo, imputado no Caso Gürtel, era secretario de Organización do PPdeG. Lembrou que Feijóo daquela tiña “un cargo con responsabilidade política de primeiro nivel” como presidente do Insalud no goberno de Aznar.

Lembra ademais que mais tarde, xa como vicepresidente da Xunta e conselleiro de Política Territorial, mantivo a Crespo como presidente de Portos de Galicia mentres contrataba con empresas vinculadas á Gürtel e facía pagos irregulares ao PP, de acordo cos papeis de Bárcenas.

Criticou o “escapismo” de Feijóo diante de “calquera problema que teña que afrontar”, e lembrou a “luz e taquígrafos que prometeu sobre as subvencións concedidas a Dorribo dende o Igape, e logo resulta que non houbo nin luz nin taquígrafos, senón un trato claramente discriminatorio a favor” deste empresario imputado no Caso Campeón.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar