Sinalan que a trama de corrupción dos Baltar na deputación de Ourense conta co aval de Feijóo e a felicitación de Rajoy

Sinalan que a trama de corrupción dos Baltar na deputación de Ourense conta co aval de Feijóo e a felicitación de Rajoy

Sinalan que a trama de corrupción dos Baltar na deputación de Ourense conta co aval de Feijóo e a felicitación de Rajoy

Reclaman a paralización dos procesos de contratación na Deputación e pídenlle a Rueda que explique “qué medidas disciplinarias vai aplicar a Baltar como militante do PP”

Raúl Fernández, María Quintas e Ignacio Gómez reclaman una investigación “ata as últimas consecuencias” e pídenlle aos funcionarios chamados a declarar “que non se deixen levar polo medo e colaboren coa xustiza”

Os responsables do PSdeG de Ourense advertiron hoxe que a trama de corrupción tecida polos Baltar na Deputación de Ourense contou co “aval” de Feijóo e mesmo coas “felicitacións” de Rajoy, quen chegou a dicir que “o PP é Baltar”. Así o dixeron logo de reclamar unha investigación política “ata as últimas consecuencias” pola utilización do ente para contratar a compromisarios do PPdeG.

O secretario provincial, Raúl Fernández, advertiu que tanto Rueda como Feijóo “apareceron como claros coñecedores” dos procedementos de contratación presuntamente irregulares que chegaron ao seu punto álxido coincidindo co congreso do PP fai tres anos. Daquela, lembrou, foron os propios candidatos da liña de Feijóo e Rueda os que denunciaron as prácticas irregulares dos Baltar.

A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE de Ourense, María Quintas, dixo que o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, debe explicar qué medidas disciplinarias vai impoñer a Baltar como militante deste partido logo da admisión a trámite desta denuncia por prevaricación continuada. Asegurou que “botamos de menos que Rueda e Feijóo non valoren estes feitos punitivos, como están a dicir o Ministerio Fiscal e o pobo”.

Dixo que malia que o proceso acadou o seu máximo coincidindo co Congreso provincial, as prácticas “son seguidas polo seu fillo, actual presidente da Deputación Provincial” e agochadas “detrás dunha política de frivolidade por parte de quen herdou o posto” comprando cadros e inaugurando salas de prensa en plena crise económica.

Explicou que “non quere dicir que anteriormente ao Congreso Baltar non fixera políticas de nepotismo mentres afogaba a provincia, levando a calidade democrática a índices de calidade ínfimos, e tampouco quere dicir que o actual presidente non siga facendo as mesmas políticas”.

Investigación política

Os responsables socialistas reclamaron unha investigación política “ata as últimas consecuencias para que dunha vez por todas desaparezan as prácticas xeneralizadas” de contratación neste órgano e restaurar os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

Neste sentido abundou o portavoz socialista na Deputación, Ignacio Gómez, pedíndolle ao PP que “estean abertos a abrir unha Comisión de Investigación” sobre este caso e admitan un Pleno Extraordinario do órgano “para debater este problema xudicial e dirimir responsabilidades políticas”.

Procesos de contratación

Gómez reclamou a paralización preventiva dos futuros procesos de contratación da Deputación Provincial para clarificar a complicidade e a intención destes procesos para descartar que sexan utilizados “para seguir pagando favores”. O responsable socialista chamou ademais aos funcionarios chamados a declarar “que colaboren coa xustiza” e “deixen de ter medo porque poden ser utilizados para tapar cuestións políticas”.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ourense, Raúl Fernández, lembrou tamén que foron as propias denuncias do PPdeG no congreso provincial as que suscitaron que os socialistas levaran o caso ao Ministerio Fiscal por unha presunta prevaricación continuada na contratación de persoal da Deputación.

Lembraron que o PSdeG denunciou estes procedementos durante mais de 20 anos, nos que Baltar beneficiou a cargos orgánicos e institucionais do seu partido, e deron por fin a benvida á xustiza neste proceso subliñando o profundo respecto á presunción de inocencia e aos tempos da xustiza.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar