Sinalan a “ineficiencia” da Xunta que “non enviaron a Bruxelas ningunha proposta” para o naval galego logo de anunciala hai dez meses

Sinalan a “ineficiencia” da Xunta que “non enviaron a Bruxelas ningunha proposta” para o naval galego logo de anunciala hai dez meses

Sinalan a “ineficiencia” da Xunta que “non enviaron a Bruxelas ningunha proposta” para o naval galego logo de anunciala hai dez meses

José Luis Méndez Romeu criticou que a Xunta teña realizado “moitas propostas” sobre o dique flotante de Ferrol para rexeitala que rexeitaron nos orzamentos en Galicia e Madrid

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe a “ineficiencia” da Xunta que ten esperado “ata hoxe” para enviarlle a Bruxelas a proposta para o naval galego comprometida “hai dez meses”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento sobre a situación do naval galego.

Méndez Romeu advirte que o Comisario Europeo ten confirmado que “ata o día de hoxe” non teñen enviado ningunha proposta, que mesmamente o presidente da Xunta exhibiu esta mesma mañá no Pleno do Parlamento. O parlamentario socialista lembrou que a iniciativa foi anunciada o 28 de xullo de 2011, pero non foi presentada ata hoxe, co que preguntou “qué estiveron a facer durante estes 10 meses”.

Lembrou que mesmo as confederacións sindicais e a Confederación de Empresarios de Galicia teñen remitido unha notificación para que deixaran de facer “propostas non oficiais” diante de Bruxelas e reclamaban unha proposta “en firme” así como unha xuntanza entre os ministros de Facenda e Industria, os presidentes autonómicos implicados e os estaleiros á que “a día de hoxe non teñen respondido”.

O responsable socialista explicou que o balance da xestión de Feijóo na Xunta é que o naval galego, que en 2008 tiña 80 buques en construción, 17.000 empregados directos e indirectos e unha produción por importe de 4.600 millóns de euros, hoxe ten 12 barcos, 7.000 empregados e a produción baixou ata os 1.100 millóns de euros.

Dique flotante

O parlamentario socialista criticou tamén a xestión da Xunta con relación ao dique flotante de Ferrol, do que “levan facendo moitas promesas dende hai un ano, pero cando de verdade hai que retratarse votan non nos orzamentos do Estado e de Galicia”.

Sinalou que o sector, a través das organizacións empresariais e sindicais, tamén lle ten remitido á Xunta unha proposta firme para a construción do dique flotante, que suporía un orzamento inicial de 142 millóns de euros e 800 empregos para a súa construción, e que cun custe de explotación de 30 millóns de euros durante 20 anos para 500 empregos xeraría uns ingresos de 900 millóns nos primeiros 20 anos e 1.800 nos 20 anos seguintes.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar