Sinalan a Feijóo e Hernández como “cómplices” da retirada da sanción de 3 millóns de euros á construtora de Telmo Martín

Sinalan a Feijóo e Hernández como “cómplices” da retirada da sanción de 3 millóns de euros á construtora de Telmo Martín

Sinalan a Feijóo e Hernández como “cómplices” da retirada da sanción de 3 millóns de euros á construtora de Telmo Martín

Ismael Rego acusa ao Goberno galego de “protexer cun manto de impunidade á clase dirixente do PP”

O responsable de Territorio do Grupo Socialista, Ismael Rego, apuntou a Feijóo e ao conselleiro Agustín Hernández como “cómplices” na retirada da sanción de 3 millóns de euros á construtora de Telmo Martín. Rego preguntou no Pleno do Parlamento pola retirada desta multa a Construcuatro pola construción dun inmoble de vivendas en espazo marítimo terrestre na praia de Silgar, en Sanxenxo.

O responsable socialista acusou tanto ao presidente da Xunta como ao responsable de Territorio do Goberno galego de “protexer cun manto de impunidade á clase dirixente do PP”. Preguntou “ónde queda a protección do espazo de dominio público marítimo terrestre” logo da construción dun inmoble “de luxo en primeira liña de praia” invadindo dous metros de terreo protexido.

Rego preguntou pola retirada desta sanción á construtora do ex líder do PP de Pontevedra e actual deputado nas Cortes Telmo Martín, que foi decidida polo Consello da Xunta na súa sesión do pasado 24 de novembro, unha decisión que foi “escondida” da referencia pública do Goberno galego. Sinalou que “menudo exemplo” que fora a propia directora xeral da APLU quen informa sobre o sobresemento da multa.

Lamentou que o goberno galego teña decidido permitir un edificio de vivendas en espazo protexido de tódolos cidadáns que quedan “indefensos” e preguntou “ónde queda a protección dos cidadáns que deberan ser iguais ante a Lei”.

Antecedentes

O responsable socialista lembrou que o servizo de Usos do Litoral da Consellería de Pesca abriu no seu día o devandito expediente sancionador contra a promotora Construcuatro por obras abusivas que invadían a servidume de protección do litoral no paseo de Silgar, en Sanxenxo –Pontevedra-. O expediente fora resolto coa imposición dunha multa por 3.055.841 euros, así como outra coercitiva ata a reposición da legalidade.

O conselleiro de Pesca da Xunta, López Veiga, resolveu sobreser o expediente en febreiro de 2005, unha resolución que foi recorrida pola Asociación Salvemos Pontevedra, que rematou coa confirmación da multa por parte do Tribunal Supremo, en sentenza firme, o 30 de setembro de 2011. Malia esta decisión, o consello da Xunta decidiu sobreser o expediente sancionador o pasado 24 de novembro de 2011.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar