Silvia Fraga: "Os recortes do PP van no camiño da elitización do ensino universitario"

Silvia Fraga: "Os recortes do PP van no camiño da elitización do ensino universitario"

Silvia Fraga: "Os recortes do PP van no camiño da elitización do ensino universitario"

A portavoz de Mocidade do Grupo Socialista, Silvia Fraga, dixo hoxe que o decreto de recortes no ensino “vai no camiño da elitización do ensino universitario e ironizou que “vai no camiño correcto para adormentar as conciencias”. No debate dunha pregunta oral en Comisión, a parlamentaria socialista acusou ao PP de deteriorar a calidade do ensino universitario e dificultar o seu acceso ás persoas sen recursos.

Dixo que “está claro que uns cidadáns menos formados molestan bastante menos” e acusounos de “liquidar o sistema educativo” para “aforrarse que nun futuro os xóvenes teñan espírito crítico”. Sinalou que “xa se viu o que pasa cando pensan pola súa conta, maniféstanse, van á folga, acaban indignándose, montan acampadas e cousas aínda máis terribles –ironizou-, como facer unha análise das carencias do sistema e presentar propostas”.

A parlamentaria socialista advertiu que o decreto de recortes “invade claramente competencias autonómicas e modifica aspectos substanciais” da LOE e da Lei de universidades. Sinalou que estas medidas “afectarán de xeito negativo á calidade do ensino”, polo que reclamoulle á Xunta que “defenda as súas competencias” para unha educación que “están condenando a un deterioro notable”.

Así, sinalou que o decreto de recortes eleva a posibilidade de incrementar o número de alumnos por aula nun 20 por cento, eleva as horas lectivas dos profesores, establece que a cobertura das baixas docentes se realicen sen recorrer a persoal adicional, reduce a obriga legal de ofertar dúas modalidades de bacharelato nos centros e apraza a actualización dos ciclos de FP ata o curso 2014-2015.

Os fillos dos ricos

A responsable socialista acusou ao PP de crear unha universidade “para os fillos dos ricos” ao incrementar as taxas mentres rebaixan as bolsas de forma inasumible para economías humildes. Advertiu así que mentres as taxas poden aumentar ata un 66 por cento, co que as familias pasarían de asumir o 15 por cento do gasto do sistema universitario a ter que pagar ata o 25 por cento.

Sinalou que mentres unha matrícula hoxe custa a un estudante entre 700 e 1.400 euros cando ten un custe de 5.000 a 7.000 euros que no futuro “terían que pagar íntegro no caso de chegar á cuarta matrícula, unha circunstancia que non ten por qué ser necesariamente pola falla de capacidade do estudante”. Advertiu que a situación é “dramática” mentres anuncian un novo recorte de 10.000 euros nos próximos cinco anos.

Silvia Fraga esixiu “unha análise mais rigorosa dos motivos do abandono universitario sen culpabilizar ao estudante e facéndolle pagar o mellorable funcionamento do sistema universitario”. Esixiu que as bolsas sigan sendo concedidas “con criterios socieoeconómicos” e que “se manteñan niveis de rendemento menos duros, separados dos incentivos de excelencia a través de complementos ou premios”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar