Silva reclama ao Goberno o arranque inmediato da Autoestrada do mar de Vigo

Silva reclama ao Goberno o arranque inmediato da Autoestrada do mar de Vigo

Silva reclama ao Goberno o arranque inmediato da Autoestrada do mar de Vigo

Recorda que a Ministra Pastor se comprometeu a que a autoestrada do mar viguesa estaría lista en 2014 e denuncia que "o anuncio tantas veces realizado nunca consolídase nunha realidade"

Pídelle ao titular de Fomento que explique cal é a súa valoración das declaracións da Presidenta do Porto de Gijón afirmando que prefire que non entre en funcionamento a Autoestrada do Mar de Vigo

A deputada socialista viguesa Carmela Silva acaba de rexistrar no Congreso unha batería de iniciativas parlamentarias coas que esixe ao Goberno que explique se, tal e como anunciou a ministra Pastor en outubro de 2013, a Autoestrada do Mar de Vigo estaría lista para 2014, operada pola navieira Suardíaz e que contaría cun contrato con PSA Peugeot Citroën para mover os tráficos da factoría da cidade olívica por tres anos.

Recorda Silva que xa entón Pastor destacou que, unha vez que se contaba xa coa navieira para operar a liña, a comisión intergobernamental presentou o proxecto á Comisión Europea no mes de agosto anterior e que o proceso, aínda que era longo, culminaría en 2014.

Así mesmo, indica a deputada socialista viguesa que en xaneiro de 2014 a Ministra afirmou que a navieira Suardiaz, o actual provedor de servizos marítimos de Gefco (filial de PSA Peugeot Citroën) en Bouzas, e os portos de Vigo, Nantes-Saint Nazaire, Alxeciras e Le Havre constituirán "nas próximas semanas" unha nova sociedade para explotar a autoestrada do mar viguesa.

Non obstante, denuncia Silva que "o anuncio tantas veces realizado da inminente posta en funcionamento da Autoestrada do Mar de Vigo, que nunca se consolida nunha realidade, esperta inquietude na cidade, que o considera un importante proxecto de futuro,". A esta desconfianza sobre o futuro da Autoestrada do Mar de Vigo -engade- súmanse as últimas noticias en relación á Autoestrada do Mar de Gijón e as declaracións da Presidenta do Porto de Gijón afirmando que preferiría que non entrase en funcionamento a Autoestrada do Mar viguesa.

Sobre esta cuestión, explica que se fixo pública a proposta da empresa GLD Atlantique, explotadora da autoestrada do mar con Nantes/Saint Nazaire, que levou á Comisión Intergobernamental Francia-España un cambio para ampliar os portos da rede marítima de modo que agora serían tamén Santander, o inglés Poole e o irlandés de Rosslare. Se logra autorización, a concesionaria afirma que aforraría custos fixos, que se engadirían á redución de taxas portuarias en Gijón e Nantes. Desta forma, GLD considera que o servizo sería viable a partir de 2015, ano en que finalizan as axudas estatais e europeas que agora recibe a conexión marítima.

"Polo tanto -denuncia Silva- se estaría a falar de consolidar o futuro da Autoestrada do Mar de Gijón mentres que a de Vigo segue paralizada". "Todos os axentes sociais e políticos da cidade consideran que se está a perder unha ocasión extraordinaria e que os atrasos acumulados na posta en funcionamento da autoestrada do mar viguesa resultan xa inexplicables" -engade.

Apunta ademais a deputada que a conformidade de Bruxelas, da que se está pendente, debería concretarse cunha axuda do programa Marco Polo 2 ao que se solicitaron 3 millóns de euros. Iso dará capacidade para que España e Francia poidan subvencionar a liña con ata 30 millóns de euros, aínda que Silva advirte que nos PGE 2014 tan só aparecen 6 millóns para Gijón e Vigo.

Por iso, pide que o Goberno responda en sede parlamentaria que prazos e presuposto manexa para a entrada en funcionamento da Autoestrada do Mar de Vigo e que explique cales están a ser en detalle as conversacións con Bruxelas para que se tome unha decisión que permita o arranque inmediato da citada Autoestrada e se se cumprirán as promesas de Pastor respecto a que será en 2014

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar