Silva pide ao Goberno que evite que as concesionarias de autoestradas do estado redondeen á alza as tarifas aprobadas polo executivo

Silva pide ao Goberno que evite que as concesionarias de autoestradas do estado redondeen á alza as tarifas aprobadas polo executivo

Silva pide ao Goberno que evite que as concesionarias de autoestradas do estado redondeen á alza as tarifas aprobadas polo executivo

Denuncia que a subida das peaxes da AP-9 entre Vigo-A Coruña, Vigo-Rande, Vigo-Pontevedra e Vigo-Santiago supera con diferenza o incremento do 1,85% aprobado polo Goberno

Por exemplo, os usuarios da peaxe Vigo-A Coruña pagan 3 céntimos máis da tarifa aprobada polo Goberno e os da peaxe Vigo-Rande aboan 4 céntimos máis do estipulado

A deputada socialista viguesa Carmela Silva acaba de rexistrar no Congreso unha iniciativa parlamentaria coa que reclama o Goberno "a adopción de medidas para evitar que as concesionarias de autoestradas do Estado realicen redondeos á alza á hora de aplicar as tarifas aprobadas polo executivo estatal".

Silva recorda que en xaneiro de 2014 entraron en vigor as subas do 1,85% para as peaxes nas autoestradas estatais. "Estas subas -sinala- supoñen un gravame máis ás economías familiares e empresariais que se encontran xa moi afectadas polo descenso de recursos derivados das políticas aplicadas polo Goberno".

Pero ademais, a deputada socialista denuncia que a Autoestrada do Atlántico redondeou á alza os prezos de todos os tramos da AP-9 entre Vigo e A Coruña, Vigo-Santiago, Vigo-Rande e Vigo-Tuy.

Así, sinala que, no caso da peaxe entre Vigo e A Coruña, os condutores de vehículos lixeiros terán que aboar 30 céntimos máis que ata agora, ata alcanzar os 15,35 euros, o que supón 3 céntimos máis do que sería a aplicación directa do 1,85% aprobada polo Goberno.

Na peaxe entre Vigo e Rande, que considera Silva "especialmente gravosa", indica que as novas tarifas supoñen un custo de 0,90 euros, cinco céntimos máis do que se pagaba con anterioridade, o que supón un 5,8% máis dende o 1 de xaneiro de 2014. "Neste caso -sinala- supérase de sobra a suba aprobada do 1,85% "

Respecto ao tramo entre Vigo e Pontevedra, tamén se incrementa por enriba do 1,85% previsto. Así, o incremento aprobado significaría un custo de 3,61 euros pero a realidade é que se redondeou á alza ata os 3,65 euros. Desta forma, a suba real é dun 2,8%.

O mesmo acontece -indica Silva- na peaxe entre Vigo e Santiago, no que o custo pasou de 8,85 euros ten 9,05 euros, unha suba de 20 céntimos máis que supón un incremento do 2,25%.

Silva apunta que "é absolutamente inadmisible que o Estado permita que o prexuízo que xa ocasiona aos usuarios a suba das peaxes aprobada polo Goberno, se vexa ademais incrementado polos redondeos á alza que aplican as concesionarias de autoestradas".

Por iso, pide ao Goberno que impida os incrementos de prezo sobre o aprobado e que aclare esta cuestión en sede parlamentaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar