Silva insta ao Goberno a manter os orzamentos para a aplicación dos dereitos da cidadanía no exterior

Silva insta ao Goberno a manter os orzamentos para a aplicación dos dereitos da cidadanía no exterior

Silva insta ao Goberno a manter os orzamentos para a aplicación dos dereitos da cidadanía no exterior

A deputada socialista galega Carmela Silva, responsable da Secretaría Executiva de Emigración do PSOE, presentou no Congreso dos Deputados -xunto a outras dúas deputadas socialistas- unha batería de preguntas coas que solicita o Goberno que manteña as partidas económicas destinadas á aplicación dos dereitos recoñecidos á cidadanía española no exterior.

Silva sinala que "para levar a cabo unha política de recoñecemento e aplicación de dereitos en igualdade de condicións dos españois dentro e fóra das nosas fronteiras non é s

uficiente coa aprobación de leis senón que é necesario que se consideren as dotacións presupostarias axeitadas".

Así, recorda que "no ano 2008 o Goberno triplicou o presuposto destinado a emigración, pasando de 50 millóns de euros a 140.586.073,33 euros,".

Así mesmo, incide en que, aínda que a partir de 2011 se diminuíu esa cantidade debido á situación económica, "se mantiveron sen recortes as partidas de ancianidade, incapacidade para o traballo, sanidade e os programas dirixidos aos grupos especialmente vulnerables,".

Por iso, Silva defende a súa "firme convicción de que os axustes presupostarios non deben recaer naquelas partidas dedicadas a aplicación dos dereitos recoñecidos nas normas" e pregunta ao Goberno se, agora que iniciou o procedemento para a aprobación dos Presupostos Xerais do Estado para 2013, manterá as devanditas partidas económicas e en que contía.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar