Silva esixe ao Goberno que considere prioritarias as políticas de emigración

Silva esixe ao Goberno que considere prioritarias as políticas de emigración

Silva esixe ao Goberno que considere prioritarias as políticas de emigración

A deputada Carmela Silva, responsable da Secretaría Executiva de Emigración do PSOE, presentou no Congreso dos Deputados -xunto a outras dúas deputadas socialistas- unha batería de preguntas coas que solicita o Goberno que siga considerando prioritarias as políticas dirixidas á cidadanía española no exterior.

Silva recorda que "nas dúas anteriores lexislaturas o Goberno Socialista prestou unha especial atención ás españolas e españois no exterior por considerar que era necesario dar un forte impulso na consecución da igualdade de dereitos cos españois residentes no noso país". "Para logralo -engade- creouse a Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración".

Por iso, pregúntalle ao Goberno do PP o motivo polo que non creou unha Secretaría de Estado específica para atender aos españois residentes no exterior, cal será o rango que dará ás políticas de emigración no organigrama do Ministerio de Emprego, e que presuposto contempla o Goberno para o desenvolvemento dos dereitos dos cidadáns españois no exterior.

Así mesmo, Silva sinala que "a cidadanía española no exterior xogou un importante papel na evolución democrática e económica do noso país e constitúe, sen lugar a dúbidas, un valor de presente e de futuro". Por iso, indica que "a crise económica pola que atravesa nestes moment

os España non pode ser xustificación para que non se sigan poñendo en marcha medidas encamiñadas a seguir desenvolvendo os dereitos de participación, os dereitos sociais, as prestacións, os relativos á educación ou a cultura, e aqueles ligados coas políticas integrais en materia de retorno".

Desta forma, a deputada socialista pídelle ao Goberno a través doutro grupo de preguntas que manteña as medidas que puxo en marcha o anterior Goberno Socialista para facilitar a formación académica e profesional dos españois residentes no exterior, que siga patrocinando unha TVE internacional de calidade e variedade de programas culturais que sirvan como instrumento de transmisión da lingua e cultura españolas e que se manteña o impulso no exterior do coñecemento das linguas cooficiais do Estado e das culturas que nelas se crean.

Ademais, para garantir a calidade universitaria aos españois no exterior, solicita que se manteñan as bolsas e o número de carreiras accesibles a través da UNED, e que se reforce o número de intercambios entre académicos e investigadores españois cos doutros países.

Tamén incide Silva na necesidade de promover a plena aplicación do Estatuto dos Españois no Exterior, a consolidación do sistema de pensións asistenciais e que se garanta a asistencia sanitaria e farmacéutica digna.

Respecto ás políticas integrais en materia de retorno, defende que se promova a cooperación entre administracións para centralizar a información na Oficina Española de Retorno respecto á súa función de asesorar e informar o emigrante dos trámites para o seu regreso e esixe o Goberno resposta sobre se ten previsión de crear o Portal do Retorno.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar