Silva esixe a Báñez un trato digno para os españois expulsados de Bélxica e pídelle á ministra "que se vaia, se non sabe como actuar"

Silva esixe a Báñez un trato digno para os españois expulsados de Bélxica e pídelle á ministra "que se vaia, se non sabe como actuar"

Silva esixe a Báñez un trato digno para os españois expulsados de Bélxica e pídelle á ministra "que se vaia, se non sabe como actuar"

A Secretaria de Emigración do PSOE acusa o Goberno de Rajoy de "botar os españois, que foxen do desemprego e da pobreza, para logo negalos, arrebatarlles os seus dereitos e desentenderse dos problemas que padecen fóra das nosas fronteiras"

"A resposta escapista de Báñez é inadmisible e está cargada de insensibilidade e crueldade"

A deputada socialista viguesa e Secretaria de Emigración do PSOE Carmela Silva reclamoulle á ministra Fátima Báñez "que se dirixa ás autoridades belgas para esixir un trato digno para os preto de 300 cidadáns españois que están a ser expulsados de Bélxica".

Neste sentido, Silva acusou a Báñez de "poñerse de perfil" nesta cuestión e pediulle que "remate coa folga de brazos caídos cando os nosos concidadáns reciben notificacións en Bélxica para abandonar o país".

A deputada socialista responsabilizou o Goberno de Rajoy porque "centos de miles de españois e españolas están a emigrar de España fuxindo do desemprego e a pobreza e vostedes os negan, arrebátanlles os seus drechos e desenténdense dos problemas que padecen fóra das nosas fronteiras".

Así, sinalou que "o Goberno primeiro dixo que se trataba de mobilidade exterior, logo negou que son centos de miles as persoas que se ven obrigadas a abandonar o noso país, tamén diminuíu os presupostos para a emigración, máis tarde suspendeu os seus dereitos como retirar a tarxeta sanitaria cando están no estranxeiro máis de noventa días, e agora total pasividade ante a problemática dos nosos cidadáns españois en Bélxica".

"Os españois non se van porque queren -incidiu Silva-, se van porque vostedes os botan, e cando se ven obrigados a irse, vostedes os borran dun plumazo".

Por iso, indicoulle á ministra que "os socialistas non lles imos deixar sós e imos estar un día si e outro tamén esixindo que vostedes actúen" e pediulle que "se vostede non sabe como actuar, váiase.

Pola súa banda, Báñez afirmou que Bélxica está a expulsar cidadáns non só españois, senón doutras nacionalidades, sobre a base da normativa comunitaria.

Ante esta resposta, Silva pediulle á ministra "que se pare a pensar no sufrimento desas españolas e españois que son expulsados de Béliga" e preguntoulle "se a ministra sería capaz de darlles esta resposta escapista mirando aos ollos aos pais e nais deses cidadáns españois".

"A súa resposta é inadmisible e está cargada de insensibilidade e crueldade" -reprobou a deputada socialista. "Despois de escoitala, creo que a vostedes, ao Goberno de Rajoy, lles vén ben que os nosos cidadáns se vaian porque así non contan nas listas de paro; vénlles ben que se vaian e llas arranxen como poidan" -lamentou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar