Silva denuncia que os datos do INE sobre migracións contradín o sostido pola ministra Bañez no Senado

Silva denuncia que os datos do INE sobre migracións contradín o sostido pola ministra Bañez no Senado

Silva denuncia que os datos do INE sobre migracións contradín o sostido pola ministra Bañez no Senado

A Estatística de Migracións confirma que dous de cada tres españois que emigran son nacidos en España e recoñece que a observación das variacións no padrón son insuficientes para medir os fluxos migratorios

A Secretaria de Emigración do PSOE pide no Congreso á ministra que recoñeza que o saldo migratorio negativo aumentou nun 71% e que adopte medidas para evitar "a fuga" de cidadáns españois ao exterior

Tras coñecerse os datos do INE sobre migracións, a deputada socialista viguesa e Secretaria de Emigración do PSOE, Carmela Silva, rexistrou no Congreso unha iniciativa parlamentaria coa que solicita a ministra de Emprego, Fátima Báñez, "recoñeza que que o saldo migratorio negativo segue crecendo e que se incrementou nun 71% durante o primeiro semestre de 2013", tal e como indica a Estatística de Migracións.

Así mesmo, Silva solicita á ministra "que asuma que dous de cada tres españois que emigran son nacidos en España, e non maioritariamente estranxeiros como sinalou Báñez o pasado 19 de novembro no Senado en resposta a unha interpretación da senadora socialista Ángeles Marra".

"Os datos do INE -resalta a deputada socialista- demostran que a resposta ofrecida pola ministra na Cámara Alta dista moito da realidade".

Así, apunta que os datos da Estatística de Migracións reflicten que a poboación de nacionalidade española se incrementou durante a primeira metade de 2013 nun 26,3% respecto ao semestre anterior ata alcanzar as 39.690 persoas, das que 26.266 son nacidas en España e 13.425 no estranxeiro. Estes datos tamén indican que dous de cada tres españois que emigran son nacidos en España.

Ademais, o INE recoñece literalmente que "a observación de variacións no padrón pode ser insuficiente para a medición dos fluxos migratorios".

Por iso, coa súa iniciativa parlamentaria, Silva advirte da necesidade de que o Goberno "estableza mecanismos que permitan contabilizar a cifra real de españolas e españois que se ven abocados a emigrar" e lle pide ao Executivo "que adopte medidas para evitar esta fuga de cidadáns españois ao exterior"

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar