Silva defende no Congreso a creación dun servizo de proximidade en Galicia

Silva defende no Congreso a creación dun servizo de proximidade en Galicia

Silva defende no Congreso a creación dun servizo de proximidade en Galicia

O Congreso aprobou co apoio do PSOE unha iniciativa neste sentido

A deputada socialista lembra que “o Goberno Socialista sempre apoiou o desenvolvemento dos servizos ferroviarios de proximidade en Galicia e a súa disposición a dialogar coa Xunta pero Feijoo nunca deu pasos para logralo”

Reclama “que Pastor cumpra de forma inmediata co seu compromiso de crear unha xerencia de proximidade en Galicia” e pide “que Goberno e Xunta reúnanse antes do verán se queren ter credibilidade respecto das proximidades”

A Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados aprobou co apoio do PSOE unha iniciativa para instar o Goberno a que se reúna coa Xunta de Galicia para abordar a creación dun servizo ferroviario de proximidade en Galicia e a realización dun plan que permita que as liñas ferroviarias que queden en desuso coa entrada en funcionamento do Eixo Atlántico poidan destinarse a servizos de proximidade.

A deputada Carmela Silva -que interveu no debate en representación do grupo socialista- expresou o voto favorable do PSOE, lembrando que “o Goberno Socialista sempre mostrou o seu apoio ao desenvolvemento dos servizos ferroviarios de proximidade en Galicia e a disposición ao diálogo coa Xunta para que este proxecto pasase do papel á realidade”.

Neste sentido, lembrou que “xa en 2008 a Ministra Magdalena Álvarez mostrou a disposición do Goberno Socialista a chegar a un acordo que posibilitase que tanto da vía en desuso como da operación ferroviaria fose titular e xestor o goberno galego”. Así mesmo, que “en 2011 o Ministro Blanco comprometeuse a abrir un diálogo sen límites coa Xunta no que estaba disposto a incluír a transferencia dos trens interrexionais para que fose a Comunidade de Galicia quen xestionase o servizo de proximidade”. De feito, dixo, “moitas das propostas que hoxe aprobamos xa as puxo en marcha o Sr. Blanco”.

“Pero o certo -sinalou- é que o Goberno do Sr. Feijóo nunca deu pasos firmes para logralo e moitas foron as desculpas que aduciu para non facer fronte con seriedade, rigor, responsabilidade e compromiso á posibilidade dun acordo”. Con todo, apuntou que “agora que o PP goberna en Galicia e no estado español non hai espazo para desculpas”.

Por iso, reclamou á Ministra Pastor “que cumpra de forma inmediata co compromiso que adquiriu en febreiro en comparecencia no Congreso de crear unha xerencia de proximidade en Galicia”. “Esperamos que non quede en mera declaración de intencións” -afirmou-.

Respecto de Feijóo, Silva apuntou que “xa non pode culpar ao Goberno de España, agora gobernan os seus e ten a obrigación de lograr o que antes reclamaba”. “Feijóo ten que dicirlle a Pastor que o Goberno Socialista investiu e executou 4.000 millóns de euros na modernización e conservación da rede ferroviaria galega, 300 na rede convencional; que o Goberno Socialista contou con Galicia como unha das primeiras Comunidades en incorporar material móbil de última xeración para os seus servizos de media distancia; e que Galicia foi integrada na rede do Plan para o impulso do transporte de proximidade por ferrocarril”.

Aínda que o PSOE apoiou a iniciativa, Silva pediu “que a reunión do Goberno coa Xunta debería producirse antes do verán”. “Só así será crible a súa vontade respecto da implantación en Galicia do servizo de proximidade”. “Agora a Ministra é Pastor -engadiu- e ten que pasar da proclama, do queixume e do discurso da herdanza, á presentación e realización de proxectos”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar