Silva critica "o brutal ataque do PP á atención social dos españois no exterior"

Silva critica "o brutal ataque do PP á atención social dos españois no exterior"

Silva critica "o brutal ataque do PP á atención social dos españois no exterior"

A Secretaria de emigración do PSOE reproba o "continuo recorte de dereitos por parte do Goberno do PP aos nosos cidadáns" no exterior"

Ao maltrato aos españois en Bélxica e a retirada da tarxeta sanitaria, únese o rexeitamento do PP a dúas Proposicións non de Lei do PSOE para asistir aos españois que buscan emprego en países estranxeiros e para reconsiderar o peche da Oficina Consular en Basilea

A Secretaria de Emigración do PSOE e deputada socialista viguesa Carmela Silva denuncia "o brutal ataque do Goberno do PP á atención social dos españois no exterior"

Silva critica que "os nosos cidadáns no exterior ven unha semana si e outra tamén como o seu Goberno, o Goberno de España, non só se desentende deles senón que adopta medidas que lles prexudican gravemente".

A deputada socialista incide en que "hai case un millón de españois que saíron fóra a traballar e ven como, cada vez máis, o Goberno do PP lles quere converter en cidadáns de segunda".

Así, recorda o recorte do Goberno do PP dos presupostos de emigración que levou á diminución das prestacións que tiñan recoñecidas os nosos cidadáns no exterior.

Así mesmo, outras medidas adoptadas polo Goberno -sinala- como a retirada da tarxeta sanitaria aos españois que permanezan no exterior máis de 90 días, o peche de oficinas consulares como a de Basilea en Suíza, ou "o ninguneo e o maltrato" ao que a ministra Báñez somete os españois que están a ser expulsados de Bélxica.

A iso engádese -apunta Silva- o rexeitamento no Congreso esta semana por parte do PP dunha Proposición non de Lei do PSOE que insta o Executivo a elaborar un Plan Especial de Acción en embaixadas e consulados para a asistencia aos españois que busquen emprego en países estranxeiros. Así mesmo, tamén rexeitou o PP outra Proposición non de Lei do PSOE que insta ao Goberno a reconsiderar o desmantelamento da Oficina Consular en Basilea, cuxo peche afecta así mesmo aos servizos da Oficina de Emprego e Seguridade Social e á desaparición da súa Agrupación de Lingua e Cultura española da unidade ALCE.

A Secretaria de Emigración socialista indica que "cada vez un maior número de españois se ve obrigado a saír do noso país para traballar nun país estranxeiro e, mentres tanto, o Goberno recorta os seus dereitos e pecha oficinas donse ofrécense servizos de emprego e servizos sociais básicos para as familias".

"O Goberno está a botar aos españois do noso país para logo desentenderse deles cruel e reiteradamente" -lamenta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar