Silencio inaceptable de Feijóo ante o suposto "financiamento ilícito e tráfico de sobres" ao PP que recolle o sumario da Operación Zeta

Silencio inaceptable de Feijóo ante o suposto "financiamento ilícito e tráfico de sobres" ao PP que recolle o sumario da Operación Zeta

Silencio inaceptable de Feijóo ante o suposto "financiamento ilícito e tráfico de sobres" ao PP que recolle o sumario da Operación Zeta

José Luis Méndez Romeu denuncia o “menosprezo ao Parlamento” a través das constantes “faltas á verdade” do presidente da Xunta e dos membros do seu Goberno en sede parlamentaria

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reclamou hoxe de novo a comparecencia de Feijóo para dar conta da súa implicación na trama de suposta financiación ilegal e pagos a cargos do PP a través de cursos de formación para parados e persoas discapacitadas que está a ser investigada na Operación Zeta. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que se reuniu hoxe para fixar a orde do día do próximo Pleno do Parlamento.

Lamentou o novo veto do PP á comparecencia do presidente da Xunta, así como á da conselleira de Traballo para explicar os ceses no seu departamento logo de coñecerse dita trama. As dúas comparecencias foron rexeitadas polo PP, polo que os socialistas presentarán no vindeiro Pleno unha pregunta oral e unha interpelación sobre as irregularidades detectadas nestes cursos de formación.

Ademais obrigarán, a través dunha moción, a votar sobre a comparecencia do presidente da Xunta e dos membros do Goberno para dar conta destes casos. Méndez Romeu dedicará ademais a sesión de control a Feijóo a preguntar sobre a súa reiterada negativa a comparecer a pesar da gravidade da investigación xudicial.

O socialista amosou a súa “fonda preocupación” polo reiterado “menosprezo do presidente e do goberno ao Parlamento, á verdade e á información rigorosa”. Considerou “inaceptable” a ausencia do presidente da Xunta cando o sumario xudicial da Operación Zeta “fala de financiamento ilícito e tráfico de sobres en efectivo” nunha rede corrupta da que forman parte “un afiliado ao seu partido e un amigo persoal” de Feijóo. Romeu lembrou que esta suposta financiación ilegal do PP está recollida no sumario tanto nun informe policial como na declaración dunha das traballadoras denunciantes, que recoñeceu que ela mesma preparaba os sobres.

O responsable socialista explicou ademais que o goberno galego deberá responder a unha pregunta parlamentaria para dar conta de se son certas as afirmacións de que o suposto “conseguidor” da trama, Pachi Lucas, pernoctou na residencia oficial de Monte Pío, tal e como sinala o principal implicado, Gerardo Crespo, e se esta relación de proximidade co presidente da Xunta beneficiou á trama.

Feijóo, Rueda e dúas conselleiras mentiron no Parlamento

Méndez Romeu denunciou as continuas “faltas á verdade de forma reiterada” e “ocultación de información” ao Parlamento por parte do presidente da Xunta e do seu goberno. Lembrou que tanto o presidente como o vicepresidente e as conselleira de Traballo e de Obras Públicas mentiron nas súas intervencións no Pleno do Parlamento.

Criticou que “temos un problema grave” cando os membros do goberno galego teñen intentado “manipular os datos para que digan o que non din”. Aludiu así aos intentos do goberno de “endosar ao goberno anterior a concesión de axudas cando estaba en funcións, cando demostramos que non foi concedida ningunha”, ou de conceder axudas para cursos que non pasaban controis, “o que se pode ver publicado no DOG que é absolutamente falso”.

Tamén preguntarán sobre a ausencia da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do debate dunha interpelación aludindo á súa situación persoal cando supostamente acudía a un encontro organizado por Sogama.

Os socialistas galegos incluirán ademais no próximo Pleno do Parlamento unha proposición non de Lei sobre a modificación da taxación dos inmobles a efectos tributarios, unha iniciativa sobre a celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero e o repunte de casos rexistrados en Galicia e unha interpelación sobre os criterios de adxudicación de prazas nas residencias públicas da Xunta.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar