Silencio cómplice da Xunta na venta de R Cable a Euskaltel

Silencio cómplice da Xunta na venta de R Cable a Euskaltel

Silencio cómplice da Xunta na venta de R Cable a Euskaltel

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe o “silencio cómplice” do goberno galego no proceso de venta de R Cable á operadora vasca Euskaltel. Losada presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento por un proceso no que a entidade Abanca vendeu a súa participación do 30 por cento na operadora sen que a Xunta fixera alusión algunha.

O responsable socialista amosou a súa sorpresa pola discreción de Feijóo no tocante ao papel, neste proceso, dunha entidade que foi privatizada e vendida a capital venezolano logo de ter un “papel activo e emocionado” no proceso de fusión das extintas caixas galegas e a súa posterior privatización en mans de capital venezolano.

Advertiu que a entidade vende as empresas participadas ao País Vasco a pesares de ter anunciado que “ía velar polos intereses de Galicia”. Ademais, mentres a súa conta de resultados revela que xa obtivo 182 millóns de euros ata o mes de xuño, isto non foi suficiente para que lle devolvera ao FROB parte dos 9.000 millóns de euros que este inxectou supostamente para garantir a súa estabilidade.

Losada sinalou que “a emoción amosada no brinde de Monte Pío pola fusión das caixas”, no que o presidente da Xunta non tivo empacho en fotografarse cos responsables das entidades, agora “tiña que ter o correlato de dar a cara” diante de operacións como a da venta de R Cable.

A financeira vendeu o seu 30 por cento de participación en R Cable a cambio de 180 millóns de euros e arredor do 4,5 por cento do capital da compañía vasca. Mentres Abanca desaparece de escena, sinala, a vasca Kutxabank asegúrase o 25 por cento do capital, preservando o seu peso na toma de decisións.

Abel-Losada

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar