Silencio cómplice da Xunta diante da imputación de Dositeo Rodríguez pola súa actuación na Fundación Cela

Silencio cómplice da Xunta diante da imputación de Dositeo Rodríguez pola súa actuación na Fundación Cela

Silencio cómplice da Xunta diante da imputación de Dositeo Rodríguez pola súa actuación na Fundación Cela

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Emilio Vázquez, denunciou hoxe o “silencio cómplice” do goberno galego e do Consello de Contas fronte á imputación do ex conselleiro da Xunta e actualmente membro do ente fiscalizador Dositeo Rodríguez, pola súa xestión como membro do Padroado da Fundación Cela. Vázquez presentou unha pregunta oral na sesión de control ao goberno sobre a presunta intervención de Rodríguez na organización dun suposto “despido simulado” do anterior xerente da Fundación, a quen lle elevaron o acordo de despedimento dende os 96.000 euros ata 150.000. Os socialistas galegos admiten a súa sorpresa pola discreción demostrada tanto polo goberno galego como polo propio Consello de Contas fronte á actuación “de quen agora é o encargado de fiscalizar precisamente esas mesmas contas” polas que está imputado. Sinalou que isto vai en contra de calquera criterio básico de transparencia na administración, e dende logo sería conveniente que non se repetiran no futuo”. O deputado socialista lembra que “as contas públicas de calquera organismo deben ser auditadas por persoas que non teñan tachas nin de parcialidade nin de conflito de intereses, que é o que parece existir aquí amplamente documentado”. Advirte que “queda claro que existían relacións de parentesco, que non deron lugar a unha inhibición, entre membros

do Padroado que representaban á Xunta, e persoas con funcións executivas. Auto xudicial Sinalou que Rodríguez “aparece no auto xudicial como asesor da persoa que con funcións executivas na Fundación ordena, negocia e pacta esta saída presuntamente fraudulenta do anterior director”. Dita persoa resultou ter unha relación directa de parentesco co conselleiro do Consello de Contas e actualmente é xerente da Fundación. O deputado socialista lembra que o auto tamén sinala ao daquela conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o seu sucesor e actual alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, ou o actual conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar