Sibilino recorte de persoal nas escolas infantís da Xunta

Sibilino recorte de persoal nas escolas infantís da Xunta

Sibilino recorte de persoal nas escolas infantís da Xunta

Comedor escolarA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou hoxe unha “sibilina amortización de prazas” de coidadores e profesores da rede pública de escolas infantís por parte da Xunta. Gallego presentou unha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria para recuperar o persoal e traspasar as competencias destas escolas á Consellería de Educación, que foi rexeitada polo PP. Gallego acusou ao goberno galego de recortar persoal “a trociños, sempre por debaixo do que a lexislación lles obriga para convocar a negociación colectiva e dar conta ás centrais sindicais”. Denunciou que o menor persoal e recursos deterioran a calidade do servizo e provocan “graves problemas de falla de atención, con cueiros sen mudar todo o día ou nenos con dificultades de mobilidade sen apoio profesional para desprazarse”. A deputada socialista acusou ao goberno galego de dirixir menos orzamentos para políticas públicas “porque queren” e para desatender un servizo fundamental para a conciliación da vida persoal e laboral e a recuperación demográfica de Galicia. Criticou que a sobrecarga nos prezos dos copagos nas escolas públicas impostos polo

goberno galego chegan a que “en algúns concellos sucede que é máis barato levar aos nenos e nenas á escola infantil privada que á rede de escolas infantís públicas”. Así, considera “unha barbaridade” que hoxe “unha persoa que cobre 400 euros ao mes pague 50 con comedor, un prezo que ascende a 91 euros para uns ingresos de 532 e ata 141 con 651 euros mensuais de ingresos ou 176 por 800 euros Gallego lembrou que o goberno de Feijóo tan só construíu por completo 7 escolas infantís das 61 postas en marcha dende 2009, xa que outras 54 foran proxectadas ou construídas polo anterior goberno presidido por Emilio Pérez Touriño. Ironizou con que “o ano que vén anuncian tanta marabilla que unicamente van iniciar 6 escolas infantís en toda Galicia coa enorme lista de espera que hai”. Comedores escolares A deputada socialista alertou de problemas cos menús de “algúns centros de escolas infantís” semellantes aos rexistrados nos comedores escolares dependentes da Consellería de Educación, como é o caso de O Pitaño, en Vilagarcía. Esta é a consecuencia, dixo, “da maneira que teñen de sacar a concurso público as prestacións e de que acepten baixas temerarias” que despois reducen a calidade do servizo como unha mostra máis do deterioro progresivo que están a provocar na rede pública “aderezado coa maior dificultade que impoñen aos pais e nais polo incremento de prezos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar