Si Feijóo rexeita a proposta de financiar Hemodinámica 24H no Hula estará impedindo a posta en marcha dun servizo imprescindible

Si Feijóo rexeita a proposta de financiar Hemodinámica 24H no Hula estará impedindo a posta en marcha dun servizo imprescindible

Si Feijóo rexeita a proposta de financiar Hemodinámica 24H no Hula estará impedindo a posta en marcha dun servizo imprescindible

A deputada socialista Concepción Burgo anunciou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias instando ao goberno galego a aceptar o ofrecemento do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, de que, diante da negativa do goberno galego, sexa a institución provincial a que financie o servizo hemodinámica 24 horas no Hospital de Lugo.

Advertiu que si o presidente da Xunta rexeita a proposta da Deputación de Lugo e as iniciativas que presentarán os socialistas galegos, “non só demostra que non pon os servizos necesarios para a sanidade luguesa senón que estará impedindo que estos estean no Lucus Augusti agora que hai a posibilidade orzamentaria real de poñelos en marcha”.

Burgo sinalou que “nos alegramos de que sexa a Deputación de Lugo” e polo tanto os veciños e veciñas de Lugo os que teñan a sensibilidade de poñer en marcha este servizo, que a día de hoxe supón un dos problemas mais importantes para a cidadanía da provincia, ao que “é necesario responder de maneira inmediata”.

Lamentou a “total insensibilidade e irresponsabilidade” de Feijóo cos veciños e veciñas de Lugo incumprindo as súas promesas reiteradas para implantar o servizo no Hospital lugués. Coa súa oposición a implantar o servizo de hemodinámica as 24 horas “está deixando que os veciños da provincia dupliquen a media estatal de mortalidade por infarto”.

Instou ao presidente do Goberno galego a “deixar de mentir” ao afirmar que os especialistas non recomendan o servizo de hemodinámica as 24 horas, e advertiu que “tanto os socialistas galegos como os veciños e veciñas de Lugo vamos a seguir loitando polos nosos dereitos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar