Si crítico á reforma da Lei de Servizos Sociais para regular os concertos sociais

Si crítico á reforma da Lei de Servizos Sociais para regular os concertos sociais

Si crítico á reforma da Lei de Servizos Sociais para regular os concertos sociais

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, anunciou hoxe o “si crítico” dos socialistas galegos á reforma da Lei de Servizos Sociais de Galicia presentada hoxe polo PP. Gallego advertiu que o apoio final quedará supeditado á mellora do texto no debate parlamentario para priorizar o concerto social co terceiro sector por enriba da privatización.

A deputada socialista sinalou que a posición dos socialistas galegos estás motivada pola “coherencia política, convicción ideolóxica e o respaldo ao terceiro sector”, pero amosou “recelo diante das verdadeiras intencións do PP”. Lembrou que “si querían lexislar o concerto social poderían ter votado a favor da Proposición de Lei presentada polos socialistas galegos en setembro de 2015 e que foi rexeitada co seu voto en contra.

Gallego subliñou que a “coherencia” dos socialistas fai que logo de presentar aquela norma hoxe apoien a proposta do PP, mentres a “convicción ideolóxica” os leva a “considerar os servizos sociais como unha parte fundamental dos dereitos da cidadanía.

Puntualizou que “os servizos deben ser prestados dende as administracións públicas e xestionados polas administracións públicas” e “só nos casos nos que non teñamos infraestruturas e prazas públicas para cubrir as demandas será necesario concertar os servizos”.

De aí as reservas dos socialistas diante da intención do PP que, lembrou, de todos os concursos e contratos convocados por Feijóo con concorrencia competitiva, tan só 3 centros foron xestionados directamente da administración. Tódolos demais, puntualizou, foron externalizados, e a maioría deles en beneficio de 5 empresas, que son Fesan, Troncoso, Doral Residencial, Geriatros e Eulen.

Acusou a Feijóo de “darlles o negocio dos servizos sociais” a este quinteto, e reclamou “o recoñecemento ás entidades do terceiro sector, que foron as que sustentaron dende o seu traballo colectivo moitos servizos que non se estaban a dar por parte das administracións. Por este motivo anunciou que as emendas que presentarán os socialistas ao texto do PP estarán consensuadas con estas entidades.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar