Severo correctivo do Valedor á conselleira de Benestar e á austeridade de Feijóo

Severo correctivo do Valedor á conselleira de Benestar e á austeridade de Feijóo

Severo correctivo do Valedor á conselleira de Benestar e á austeridade de Feijóo

Comisión de investigación das caixasA portavoz socialista na Comisión de Peticións ao Valedor, Patricia Vilán, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que tome medidas logo do “severo correctivo” aplicado polo Valedor á conselleira de Traballo e Benestar e á política de austeridade do goberno galego. Así o dixo na comparecencia do Valedor, hoxe no Parlamento, para presentar o informe correspondente ao ano 2014.

Vilán, que lembrou que o actual Valedor leva 3 anos en situación de interinidade, cando a Lei limita un máximo de 1 mes, sinalou o incremento espectacular de reclamacións relacionadas coa Consellería de Traballo e Benestar, que pasou de 208 expedientes e 208 reclamacións en 2013 a 351 e 947 en 2014. Boa parte destes derivan, explicou, do trato vergoñento e a mala praxe relativa á aplicación da Lei da Dependencia.

Galicia é hoxe a Comunidade Autónoma con mais persoas en lista de espera, ata 16.000 segundo o Valedor, e 18.000 coa prestación recoñecida pero sen ser atendidas, chegando ao punto de que mais de 7.000 delas faleceron no limbo da dependencia dende 2012. Vilán sinalou o caso dun procedemento iniciado en 2008 e a persoa falece finalmente en 2014, mais de seis anos despois, sen ter sido atendida.

Cualificou ademais de “absoluto desastre” a xestión da Risga e das axudas de emerxencia social por parte do goberno galego, con “atrasos na concesión, atrasos na reinstauración despois dun traballo, desacordos nas revisións, atrasos en recursos contra resolucións negativas ou na concesión de complementos. Semellante camiño segue practicamente toda a xestión da Consellería, poñendo en cuestión a xestión do Centro San Francisco de Vigo ou o funcionamento do servizo 065.

Austeridade

A responsable socialista resumiu que todo o informe correspondente ao ano 2014 constitúe unha “censura á política de austeridade de Feijóo”, provocando un deterioro evidente dos servizos públicos e que afecta especialmente á sanidade galega, cunha “diminución e insuficiente dotación de persoal sanitario. Salientou que decisións como a supresión da atención continuada en cirurxía pediátrica de Ourense suscitou 4.095 denuncias.

A educación pública tamén suscita boa parte das conclusións do informe, que cuestiona as dificultades impostas pola Xunta ao uso dos comedores escolares ou o incumprimento dos requisitos mínimos de mantemento nos edificios escolares, así como as privacións e atrasos no apoio educativo aos nenos e nenas con dificultades.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar