Sete meses sen ver un euro para implantar a FP Básica

Sete meses sen ver un euro para implantar a FP Básica

Sete meses sen ver un euro para implantar a FP Básica

IES MilladoiroO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, denunciou hoxe a “precipitada, caótica e trapalleira ” implantación da FP básica en Galicia, en substitución dos antigos PCPI. Docasar presentou unha pregunta no Parlamento na que denunciou que despois de sete meses dende o inicio do curso escolar os centros educativos aínda non recibiran “un só euro” para implantar esa nova modalidade educativa.

O responsable socialista criticou a “falta de seriedade” demostrada polo goberno galego ao pretender cambiar toda unha modalidade de ensino e querer facelo “con financiamento cero e sen dotar ao centros de novos equipamentos didácticos”.

Estes centros recibiron a información sobre a FP Básica “tarde, mal e arrastro ”, polo “seguidismo servil que fixo o goberno galego das políticas do ministro de Educación, Sr. Wert”.

A FP básica, que vén substituír aos PCPI, duplicou o número de alumnos por aula, pasando de 10 ata os 20, nunha clara demostración de política “ improvisada, caótica e e trapalleira” e agora sabemos tamén que “low cost”.

Considera Vicente Docasar “un auténtico despropósito” levar adiante a implantación desta modalidade de ensino “coa premura e improvisación” que se fixo , e cualificou de “insensatez” que o goberno galego “pretenda dar unha boa atención a este tipo de alumnado con 20 alumnos por aula”.

O deputado socialista levou ao Pleno a situación “dun veterano director de instituto” quen, en representación dos centros educativos de Galicia “pregúntalle si lle parece normal que logo de sete meses dende o comezo do curso escolar non teñan recibido un só euro para financiar esta nova modalidade de ensino”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar