Sete anos de retraso na posta en marcha do Cegadi de Compostela

Sete anos de retraso na posta en marcha do Cegadi de Compostela

Sete anos de retraso na posta en marcha do Cegadi de Compostela

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, denunciou hoxe o retraso de 7 anos na posta en marcha do Centro Galego de Atención á Discapacidade –Cegadi-, construído polo goberno socialista de Touriño e rematado en 2010. Blanco presentou unha pregunta en Comisión sobre a paralización desta infraestrutura polo goberno de Feijóo, que hoxe continúa pechado.

A responsable socialista esixiulle ao goberno galego que “aclare se van privatizar a xestión do centro, o número total de empregados cos que vai contar e en que data pensan poñelo en marcha”.

Considerou “imprescindible” que este centro conte con xestión pública e sinalou que a resistencia a poñelo en marcha “non é un feito illado” en Galicia” -como por exemplo as listas de agarda nos equipos de valoración da discapacidade-, que acumula listas de espera de máis de 16 meses.

Advertiu que a Lei de Accesibilidade do goberno galego, aprobada en 2014, resulta “ambiciosa pero infradotada orzamentariamente”, o que impide a súa aplicación en cuestións tan importantes como o plan de eliminación de barreiras arquitectónicas, que “segue sen aplicarse a día de hoxe”. Sinalou que “xa bastantes barreiras teñen que soportar estas persoas cada día como para que agora llelas poñan tamén as institucións”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar