Sestayo sinala que a Lei de Racionalización do sector público vulnera as competencias municipais “para aforrar 600.000 euros”

Sestayo sinala que a Lei de Racionalización do sector público vulnera as competencias municipais “para aforrar 600.000 euros”

Sestayo sinala que a Lei de Racionalización do sector público vulnera as competencias municipais “para aforrar 600.000 euros”

Beatriz Sestayo acusa ao PP de “recortar os órganos de control ao Executivo” reducindo o Parlamento para perpetrar un “pucheirazo electoral” mentres facilita que a deputación de A Coruña aumente os altos cargos “con sueldazo”

A portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, dixo hoxe que a Lei de Racionalización do sector público vulnera as competencias de prestación de servizos sociais dos concellos para acadar un aforro de 600.000 euros. Así o dixo no debate da norma no Pleno do Parlamento, que tivo o voto en contra do PSdeG-PSOE.

Sestayo dixo que o PP “non ten lexitimidade moral para aniquilar un sistema público baseado no consenso e en normativas superiores que vulneran” para acadar un aforro equivalente ao gasto en carburante do parque móbil da Xunta durante 6 meses, medio quilómetro de estrada ou o financiamento “dun deses centros do opus dei que segregan por sexo”.

A responsable socialista advertiu que o goberno vulnera o reparto competencial establecido pola Constitución e o Estatuto de Autonomía ao invadir as competencias municipais de prestación de servizos sociais. Resumiu que esta norma “vulnera a democracia” para continuar coa “folla de ruta de privatizacións e recortes do PP”.

Transmitiu a “fonda preocupación” dos socialistas galegos polo “desmantelamento dos servizos públicos de Galicia”, derruíndo a “arquitectura institucional do país” a través de proxectos lexislativos “que se debaten nun só día de relatorio aplicando o rolo para conseguir un titular e un aforro de 600.000 euros”.

Sestayo lamentou que o PP rexeitara 55 das 56 emendas socialistas dirixidas a mellorar os 45 artigos dunha Lei “pésima” e preservar os principios e garantías básicos da Comunidade Autónoma. Rexeitando estas emendas, explicou, o PP vota en contra de manter a gratuidade dos servizos públicos, que non se precarice o emprego público e se nega a implantar medidas que faciliten a participación da cidadanía.

Pucheirazo electoral

A deputada socialista censurou que o PP entenda a austeridade como “medio para recortar órganos de control ao executivo”, mesmo chegando a recortar o número de deputados para perpetrar un “pucheirazo electoral”. Denunciou que o Parlamento permanece “secuestrado polo Executivo” que chega a ditar as leis que son debatidas na Cámara autonómica.

Advertiu que ao mesmo tempo que se mostran austeros na democracia, facilitan o aumento de asesores “como os do seu compañeiro na dirección do PP Diego Calvo”, en alusión ao aumento de 10 asesores “con sueldazo” na Deputación de A Coruña. Lembrou ademais que o interventor xeral daquel órgano ten denunciado que o 70 por cento das contratacións son adxudicadas “a dedo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar