Sestayo responsabiliza a Feijóo e Mato da agonía das políticas sociais

Sestayo responsabiliza a Feijóo e Mato da agonía das políticas sociais

Sestayo responsabiliza a Feijóo e Mato da agonía das políticas sociais

p>A parlamentaria socialista, Betariz Sestayo, denunciou que o Goberno de Núñez Feijóo ven sendo o exemplo do ocaso das políticas sociais, xa que “sexa cal sexa a área, o fracaso é estrepitoso e a dor producida a centos de persoas inenarrable”.

Denunciou Sestayo Doce o caos da Dependencia, a suba das cifras de pobreza sen políticas públicas de choque, a formación de enormes fendas sociais, a privatización de infraestruturas públicas, a asfixia do Plan Concertado, a supresión de programas sociais enteiros vai convertendo os dereitos sociais en dádivas arbitrarias de beneficencia de Núñez Feijóo.

A deputada socialista puxo como exemplo da “política depredadora” das políticas sociais é a crueldade amosada polo Goberno de Núñez Feijóo respecto ás persoas afectadas polo VIH-SIDA.

“Os seus recortes producen mortes” dixo a parlamentaria socialista citando a valoración feita por un enfermo de VIH sobre os “drásticos recortes” aplicados polo Goberno da dereita ás políticas de prevención e atención ao VIH, así como ás entidades que viñan facendo “un labor insubstituíble” nesta cuestión. Esta situación de desamparo conduce indefectiblemente a situacións dramáticas de exclusión social, marxinalidade, e, como afirman as e os expertos, situacións letais.

Beatriz Sestayo acusou á conselleira de Traballo e Benestar de ser responsable da agonía das políticas sociais, responsable de ter aberto unha enorme fenda social. “Vostedes agreden a todas estas persoas en risco de exclusión”, afirmou.

A deputada socialista recomendou a Mato que “faga os eu traballo e comprobe” como os Comités Antisida de Vigo, Santiago e Ourense están pechados, que catro de seis asociacións da Coruña seguen sen recibir ningunha axuda, que Ferrol sofre un recorte de entre 40 e 55% en función dos programas.

Os recortes progresivos, continúa Sestayo, poñen en situación de peche aos pisos e instalacións onde albergaban, trataban e coidaban ás persoas afectadas, que se atopan a día de hoxe enfermas, angustiadas e con temor cara o seu futuro.

“Non pode haber política máis sectaria e cruel que a que está a aplicar o Goberno do PP en políticas sociais, e, sinaladamente, coas persoas afectadas polo VIH”, políticas contra as que as diferentes plataformas especializadas no tema erguen a voz ao unísono, afirma.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar