Sestayo respalda aos traballadores de Poligal e afirma que ningunha solución da empresa pode “amortizar postos de traballo nin devalualos”

Sestayo respalda aos traballadores de Poligal e afirma que ningunha solución da empresa pode “amortizar postos de traballo nin devalualos”

Sestayo respalda aos traballadores de Poligal e afirma que ningunha solución da empresa pode “amortizar postos de traballo nin devalualos”

A candidata socialista número tres ao Parlamento, Beatriz Sestayo, adicou esta xornada a percorrer algúns dos
concellos da comarca e achegarse a diferentes situacións e colectivos cidadáns dos municipios de Narón, Fene, e a Capela, mentres que o acto previsto nas Pontes –un percorrido pola feira medieval- tivo que ser suspendido polas malas condicións meteorolóxicas.

A xornada comezou en Narón, diante da empresa Poligal -empresa na que a dirección da mesma quere impoñer un durísimo
plan de axuste-, donde a candidata, acompañada por representantes da executiva ferrolán, da agrupación local e responsables políticos como o alcalde de Ares, Julio Iglesias, mantivo un encontro con traballadores e o seu comité de empresa. Dende a representación dos empregados da compañía, destacaron o “total respaldo” atopado nos socialistas no encontro, “asumindo como súas as demandas
que temos enriba da mesa”.

A este respecto, Sestayo, que destacou que a plantilla de Poligal “dende os seus inicios, hai 22 anos, amosou estar
profundamente comprometida coa viabilidade da empresa”, non só quixo mostrar públicamente a solidariedade do PSOE con estas persoas –o partido está involucrado con estes empregados dende hai tempo, cando se plantexara a súa deslocalización-, senón que ademais esixiu á dirección da compañía que “calquera solución que manexe non pode nin amortizar os postos de traballo nin devalualos”.
A tamén secretaria xeral dos socialistas ferroláns subliñou que se trata dunha empresa pertencente a un grupo moi importante e que “é obvio que o seu mantemento é posible”.

Así mesmo, Sestayo anunciou que impulsará o diálogo coa parte empresarial para amosar o apoio do PSOE aos traballadores e
pedir que se incremente a capacidade produtiva. “Pedimos que se aposte pola innovación”, destacou a candidata socialista ao Parlamento, que lembrou que o Igape non desembolsou nin un euro neste eido dende o Goberno de Touriño. “Todas as empresas da zona recibirán o apoio inequívoco do PSOE porque esta comarca non pode perder nin un so posto de traballo máis”, dixo Beatriz Sestayo, que criticou duramente a reforma laboral do Partido Popular, que “elimina de golpe e porrazo dereitos fundamentais dos traballadores, que poden ir ao paro ou ver,
como no caso de Poligal, cómo se reduce máis do 30% da súa masa salarial, sin outra razón que a de favorecer aos empresarios e aos beneficios que obteñen”.

Despois de Narón, a comitiva, á que se foron unindo outros compañeiros, o seguinte destino foi Fene, donde a candidata realizou un percorrido polo feirón, donde conversou cos veciños e veciñas que chean as rúas e establecementos hosteleiros nas mañás dos domingos.

A Capela foi o derradeiro destino da xornada. En Casa Toñita e coa presenza de varias ducias de veciños e veciñas, co seu alcalde, Manuel Meizoso, á cabeza, Sestayo respostou ás preguntas formuladas polos asistentes. O emprego, a sanidade e educación públicas, a Lei
de Dependencia ou cuestións máis locais, como as relativas ás explotacións gandeiras, foron abordadas pola responsable política socialista, que puxo enriba da mesa solucións claras para garantir os servizos públicos e manter os dereitos que está a suprimir o Partido Popular de Mariano Rajoy e de Alberto Núñez Feijóo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar