Sestayo recrimina á Xunta a privatización das escolas infantís sen contar cos concellos

Sestayo recrimina á Xunta a privatización das escolas infantís sen contar cos concellos

A parlamentaria socialista, Beatriz Sestayo preguntou hoxe á Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, se vai rectificar o Goberno os pasos dados cara á xestión privada das escolas infantís en Galicia.

Sestayo recriminou a Mato que, a pesares de ter negado en varias ocasións no seo da Cámara, a consellería está a privatizar as escolas infantís sen sequera informar aos concellos que, acollidos ao Consorcio de Benestar, seguen a sufragar os servizos de mantemento que teñen comprometidos. “Publican no DOG as privatizacións sen contar cos concellos”, dixo Sestayo.

Salientou a deputada socialista a “coincidencia exacta dos prezos e tarifas que pon a Xunta coas pedidas polas empresas privadas que foron adxudicatarias”, todo ás costas da administración municipal, que “logo ten que pagar o 30% á empresa privada” sen ter coñecemento previo do proceso de adxudicación.

A privatización dos servizos públicos ven sendo, segundo Sestayo Doce, unha constante desde a toma de posesión do Goberno de Núñez Feijóo. O financiamento privado na sanidade, a discriminación do ensino público e a privatización paulatina e constante dos servizos sociais marcan unha folla de ruta imparable do Goberno da dereita galega.

Galicia segue con carencia de prazas en infantil, mentres o anuncio de construción e posta en marcha de prazas vén incorrendo en esperpénticos episodios de cifras que soben e baixan en función de que responsable do Goberno dea as cifras. Sestayo esixiu que concretase unha cifra, xa que a na súa última comparecencia o Presidente galego informou dunha cantidade inferioir á ofrecida por Mato. Criticou tamén a incapacidade da Consellería de Benestar para executar os fondos estatais para este fin.

Sestayo reprocha ó Goberno galego que, logo de ter negada a idea de pasar á xestión privada as escolas infantís, xa son varias as escolas que se atopan nesa situación. Pon isto de relevo “a falla de escrúpulos cara a falsidade ou o “mudar de posición” do Goberno de Núñez Feijóo.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar