Sestayo reclama no Parlamento as cantidades de diñeiro outorgadas pola Xunta nos últimos catro anos á Fundación Fesán, vinculada ao PP

Sestayo reclama no Parlamento as cantidades de diñeiro outorgadas pola Xunta nos últimos catro anos á Fundación Fesán, vinculada ao PP

Sestayo reclama no Parlamento as cantidades de diñeiro outorgadas pola Xunta nos últimos catro anos á Fundación Fesán, vinculada ao PP

Beatriz Sestayo critica “o elevado número de cargos do PP que pertencían a esta fundación e despois ocuparon postos de responsabilidade na Administración autonómica e local”

A deputada socialista Beatriz Sestayo demandou hoxe na Comisión Institucional do Parlamento as partidas orzamentarias outorgadas nos últimos catro anos pola Xunta de Galicia á Fundación Fesán, vinculada ao PP.

“Na Fundación Fesán temos un claro exemplo de porta xiratoria, de numerosas persoas vinculadas ao Partido Popular que estaban na fundación e despois ocuparon cargos de responsabilidade na Xunta de Galicia ou nos concellos galegos”, afirmou Setayo.

Os socialistas amosan tamén as súas dúbidas sobre o concepto das axudas, “xa que antes a Fundación Fesán adicábase á formación, pero agora manexa partidas para os campamentos de menores, xeriátricos ou escolas infantís; aquí non chegan os recortes”.

O Grupo Parlamentario Socialista solicitou na Comisión ao director xeral de Relacións Parlamentarias, Gonzalo Ordóñez, as partidas exactas que entregou cada consellería da Xunta de Galicia á Fundación Fesán nos anos 2011, 2012, 2013 e 2014.

Na súa resposta, Ordóñez repasou verbalmente partidas por valor de máis de cinco millóns de euros que a Xunta otorgou á Fundación Fesán, pero a deputada socialista solicitoulle que as pasara por escrito e “confirmando que non recibiu máis cartos que os que figuran neses datos”.

As partidas recoñecidas por Ordóñez son para diferentes fins, desde a formación de desempregados e emigrantes retornados, a xestión dos centros de día ou a organización de exposicións de Turgalicia. “Queremos saber con exactitude o diñeiro que recibiu a fundación, quen o manexou a onde foron eses cartos”, engadiu Sestayo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar