Sestayo reclama a liquidación do Consorcio de Servizos Sociais polo uso perverso que a Xunta fai dos seus fondos

Sestayo reclama a liquidación do Consorcio de Servizos Sociais polo uso perverso que a Xunta fai dos seus fondos

A portavoz de Servizos Sociais do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, reclamou hoxe a liquidación do Consorcio Galego de Servizos Sociais polo “uso perverso” que a Xunta está a facer duns fondos que corresponden aos concellos. Sestayo presentou unha Proposición non de Lei para que sexan os concellos os que xestionen estas partidas directamente.

A responsable socialista dixo que de ser rexeitada esta proposta os 50 concellos socialistas que forman parte do Consorcio abandonarán este ente, mentres os concelleiros do PSdeG-PSOE solicitarán a mesma medida nos plenos do resto. Esta foi a conclusión unánime dun encontro que mantiveron onte os representantes municipais socialistas e os responsables de servizos sociais.

Sestayo explicou que esta medida ven obrigada polo incumprimento por parte da Xunta, que asfixia aos concellos ao obrigalos a prestar os servizos correspondentes ao Consorcio pero sen transferir os orzamentos. Esta é a única maneira de evitar que as políticas sociais municipais “morran de inanición” deixando “na extrema pobreza e vulnerabilidade” a milleiros de persoas ás que a Xunta ten desatendidas.

A portavoz de Servizos Sociais criticou tamén a privatización unilateral das escolas infantís por parte da Xunta de Galicia, polo que presentou unha Proposición non de Lei para que a Xunta “garanta a xestión pública das escolas infantís de competencia autonómica, rectificando os pasos dados cara á xestión privada”. Amosou o seu rexeitamento frontal a unha inferencia unilateral da Xunta na autonomía local.

Reclama que o Goberno galego dea marcha atrás nesta decisión porque está obrigado, a xestionar o 70 por cento dos custes de mantemento, mentres os entes locais xestionan o outro 30 por cento, de acordo cos convenios asinados cos concellos. De acordo con este texto, a Xunta privatiza unilateralmente o seu 70 por cento mentres os concellos teñen que continuar xestionando a súa parte.

Dependencia

Sestayo tamén presentou hoxe unha moción que será debatida no próximo Pleno do Parlamento na que advirte que a Xunta pretende cobrar por servizos de saúde, de acordo co decreto que prepara para regular o copago na dependencia. Dixo que esta norma incorpora como dependencia o que ata agora eran considerados servizos sanitarios e que polo tanto eran asumidos pola seguridade social.

Engadiu que este anteproxecto de decreto agocha tamén un incremento de tarifas para “actualizar os custes aos da empresa privada para adecuar o lucro” das entidades que prestan este servizo. Acusou ao goberno galego de “manipular” á opinión pública ao dicir que axustan prezos aos recursos dos usuarios cando esta medida “xa estaba prevista na Lei da Dependencia”.

Os socialistas reclamarán no próximo Pleno do Parlamento que a Xunta “poña as medidas urxentes necesarias co fin de que as resolucións de dependencia se cumpran nos seus propios termos e nos prazos previstos”. Reclama tamén a comparecencia da conselleira de Traballo cada seis meses “para dar conta sobre a evolución dos datos da dependencia en Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar