Sestayo propón que a Comisión de Industria do Parlamento se desplace a Ferrol para coñecer in situ a situación de emerxencia económica e social que sufre a comarca

Sestayo propón que a Comisión de Industria do Parlamento se desplace a Ferrol para coñecer in situ a situación de emerxencia económica e social que sufre a comarca

Sestayo propón que a Comisión de Industria do Parlamento se desplace a Ferrol para coñecer in situ a situación de emerxencia económica e social que sufre a comarca

Beatriz Sestayo rexistrou a solicitude da organización dunha viaxe dos membros da Comisión 6ª logo de reiterar en varias ocasións a necesidade da visita durante o período de sesións que ven de rematar

Para a deputada socialista Ferrol é un símbolo da necesidade de afrontar políticas activas que revertan esta dramática situación

A parlamentaria socialista, Beatriz Sestayo, presentou hoxe no rexistro da Cámara autonómica unha solicitude para que se proceda a organizar unha visita a Ferrol e á súa comarca dos membros da Comisión 6ª (de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo) para “coñecer de primeira man a realidade dunha comarca en situación de emerxencia económica e social”.

A deputada ferrolá recorda na súa petición que durante a celebración de dúas sesións parlamentarias da devandita comisión, propuxo no nome do seu grupo a necesidade de que se organizara esta viaxe, para comprobar “in situ” a “extrema gravidade da situación que está a vivir” Ferrol e a súa comarca.

Citou Sestayo o nivel de desemprego, do 32%, dos máis altos de Galicia. Salientou o feito de que as gradas dos estaleiros están “valeiras por primeira vez na historia”, denunciou o “desmantelamento industrial” que está sufrir a comarca, provocando que unha alta porcentaxe da poboación se atope en situación de “pobreza absoluta”. Consecuencia desta situación, advirte a deputada socialista de que Ferrolterra estase a ver afectada dunha “emigración sangrante”.

Trátase, en definitiva, dun cúmulo de circunstancias adversas que no social e no económico afectan a Ferrol e comarca e que, a xuízo de Sestayo, fan desta zona un “símbolo da necesidade de afrontar políticas activas que revertan esta dramática situación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar