Sestayo presenta unha iniciativa para obrigar por lei a Feijóo a pagar as extras que lle recortou aos funcionarios

Sestayo presenta unha iniciativa para obrigar por lei a Feijóo a pagar as extras que lle recortou aos funcionarios

Sestayo presenta unha iniciativa para obrigar por lei a Feijóo a pagar as extras que lle recortou aos funcionarios

Beatriz Sestayo presentou a proposición non de lei do Grupo Socialista aos sindicatos da Función Pública e comunicoulles a intención de levala canto antes a Pleno

A deputada censurou a teima da Xunta en seguir recorrendo á Xustiza, cando todas as sentenzas son favorables aos demandantes. Esixe a Montoro que traspase os cartos consignados e a Feijóo que pague as sentenzas, en lugar de despilfarrar unha media de 400€ por recurso

Os socialistas xa anunciaron o seu apoio aos traballadores para as demandas polos recortes das pagas extras na Administración galega en 2013 e 2014

A portavoz de Xustiza e Administración Pública, Beatriz Sestayo, ven de presentar aos representantes sindicais dos traballadores e traballadoras da Función Pública a proposición de lei socialista para modificar o decreto lexislativo garantindo o dereito ás pagas extras e obrigando á Xunta a pagar a parte proporcional das pagas extraordinarias de 2012 que o Goberno galego lle ten recortado.

A deputada afirmou que, “con esta iniciativa queremos facernos eco da voz unánime dos empregados e empregadas públicos”. A Proposición de lei coincide nos seus termos e peticións coa demanda das centrais sindicais, “que está a ser respaldada polas sentenzas xudiciais”. É “un dereito laboral do sector público e a xustiza está actuando e fallando ao seu favor, a totalidade das sentenzas en Galicia veñen dando a razón aos demandantes das pagas extras”, dixo Sestayo.

A parlamentaria, que compareceu cos sindicatos da Administración Pública, denunciou que “a medida de recorte de Feijóo, en realidade é un despilfarro”. Explicou Beatriz Sestayo que os custes de restitución da paga extra son, de media, 300€ por cada demandante. Os custes xudiciais de cada sentenza, recoñecendo os dereitos de cada traballador do sector público que demanda, é de 400€.

Polo tanto, resumiu Sestayo, “a Xunta está recortando un dereito laboral, en segundo lugar vulnerando un dereito constitucional e finalmente ignorando a lexislación laboral e as sentenzas xudiciais”. Pregúntase se Feijóo, “como dixo onte no Pleno confiaba na acción da Xustiza, por que non acata as sentencias e restitúe aos empregados públicos o que lle din os xuíces”.

Salientou a contribución destas demandas ao colapso dos tribunais, “que recoñecen que son incapaces de asumir a morea de demandas laborais, producíndose un bloque o na Administración de Xustiza”. Este bloqueo é para Sestayo “inxustificado, porque o Goberno galego o que debera é de deixar de litigar cando todas as sentencias son favorables aos demandantes”.

Os sindicatos trasladaron ao Grupo Socialista a necesidade de parar esta “barbaridade” e anunciaron a presentación nos vindeiros días de outras novas 400 demandas.

Trasladaron á voceira socialista que a vía xudicial sexa é a única que teñen. “Non existe diálogo cos traballadores da Administración Pública”, denuncia Sestayo.

A proposición socialista tamén esixe que, “si é certo o que dixo Montoro de que os cartos das extra estaban depositados, transfira a cantidade á Xunta para facer cumprir o que os tribunais galegos están xa dando”.

A socialista tamén anunciou xa o apoio do seu partido ás medidas que se tomen cara o 2013 e 2014, xa que a Xunta, ao contrario que o Goberno do Estado, tamén decidiu aplicar recortes nas extras aos seus traballadores nestes exercicios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar