Sestayo pregunta á Xunta polas razóns da súa mentira sobre a consulta formal a Bruxelas sobre o dique flotante de Ferrol

Sestayo pregunta á Xunta polas razóns da súa mentira sobre a consulta formal a Bruxelas sobre o dique flotante de Ferrol

Sestayo pregunta á Xunta polas razóns da súa mentira sobre a consulta formal a Bruxelas sobre o dique flotante de Ferrol

“Como pode sentirse satisfeito si só hai 4 das 110 auxiliares que operaban en Navantia fai dous anos que non pecharan ou estén nun ERE?”, preguntou Beatriz Sestayo ao director xeral do Igape

A deputada socialista Beatriz Sestayo interpelou hoxe ao director de Igape, Javier Aguilera, sobre si a Xunta sabía “que era falso que se emitira unha consulta formal sobre o dique flotante de Ferrol e, se o sabía, por que o fixo”.

O alto cargo da Xunta de Galicia rexeitou dar resposta ás preguntas da deputada e criticou que se lle fixeran críticas, ante o que Sestayo afirmou que “si quere evitar as críticas faga ben o seu traballo, que é para o que vostede máis eu estamos aquí”.

A deputada demandou a Javier Aguilera información respecto da consulta, os seus prazos, os preceptos do tratado da UE, as condicións ou a memoria, aspectos todos eles sobre os que o director xeral non quixo respostar, limitándose a afirmar que a Xunta “o está a facer ben”.

Aínda que representantes do PP galego manifestaron que se enviara a consulta formal e a documentación sobre o dique flotante a Europa, “o certo é que descubrimos que o PP ten enganado de novo, xa que a Comisión Europea afirmou en documento oficial que non houbo consulta formal”.

En opinión de Sestayo, “son tan numerosas as iniciativas formuladas por este grupo parlamentario no Parlamento en defensa do naval ferrolá, que é difícil buscar novas fórmulas nesta Cámara que venzan os obstáculos dos Gobernos do PP para viabilizar o naval dos estaleiros”.

Sestayo criticou que a Xunta “sacase peito ante un 32% de paro na cidade, ante 5.900 postos de traballo perdidos en Ferrol no 2013 segundo a EPA ou sobre o feito de que das 110 auxiliares que estaban en Navantia fai dous anos, queden só catro; o resto, pechadas ou en ERE”.

Por último, a deputada lembroulle o deber de comparecer para facilitar información a todos os galegos e anunciou que rexistrará de inmediato unha nova batería de preguntas “ante a falla de respecto por Ferrol por parte da Xunta e a falla de información”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar