Sestayo: “Os expedientes de dependencia pendentes de resolución medraron nun 400% co goberno de Feijóo”

Sestayo: “Os expedientes de dependencia pendentes de resolución medraron nun  400% co goberno de Feijóo”

Sestayo: “Os expedientes de dependencia pendentes de resolución medraron nun 400% co goberno de Feijóo”

A parlamentaria do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, interpelaba hoxe á titular de Benestar Social e Traballo da Xunta, Beatriz Mato, sobre a demora da resolución dos expedientes de dependencia desde a primeira solicitude ata a posibilidade efectiva de recibir prestación.

Trasladaba así ao Pleno da Cámara a “preocupación da sociedade, dun amplo sector que se atopa esperando en algún momento da fase do procedemento da resolución de dependencia” e que soporta uns índices de demora de preto de 20 meses.

Unha cifra que duplica a recoñecida pola conselleira, o que levou a Sestayo a retar a Mato a dimitir se consigue desmentir os datos aportados pola parlamentaria socialista.

Beatriz Sestayo esgrimiu tamén o incremento de cidadáns en lista de espera, que pasou de 16.000 no goberno anterior a 62.000 recoñecidos pola Xunta de Feijóo. Tampouco foi desmentida pola conselleira.

Beatriz Sestayo afirmou que Galicia se ten convertido nun lugar “obxector do desenvolvemento da Lei de Dependencia por parte do Goberno Feijóo”. Salientou que case tres anos despois das eleccións autonómicas nas que durante a campaña electoral o PP azoutaba a o Goberno bipartito coas cifras de dependencia, nin unha soa promesa do PP ao respecto deste dereito.

Neste sentido recordou as iniciativas da popular Susana López Abella, na actualidade Secretaria Xeral de Igualdade, quen criticaba ao anterior goberno galego cualificando as cifras da dependencia de intolerables.

Pero, en realidade, prosigue Sestayo Doce, as cifras de dependentes en espera “ten subido ata o 400% dende a toma de posesión do Goberno Feijóo, e as demoras na resolución de expedientes é unha constante para aburrir e desanimar ás persoas con dereito a unha prestación. “A burocracia multiplícase” e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, “ fai oídos xordos aos requirimentos que chegan desde os cidadáns e ata do Valedor do Pobo, engadiu Betariz Sestayo.

Para Beatriz Sestayo, a privatización de infraestruturas, os cambios nos PIA, a falla de coordinación entre os propios órganos da Xunta son só algún exemplo do caos na xestión da Dependencia en Galicia, e da falta de vontade política da dereita deste país co cumprimento das leis sociais.

A deputada socialista rematou a súa intervención reprochándolle á conselleira Mato que falara de creación de emprego “cando veñen de coñecerse 80.000 parados máis” e que deixara aos galegos e galegas “sen axuda no fogar nos Orzamentos de 2012”, aprobados na cámara onte.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar