Sestayo: "O PP quere transformar o Parlamento na cámara dos amordazados"

Sestayo: "O PP quere transformar o Parlamento na cámara dos amordazados"

Sestayo: "O PP quere transformar o Parlamento na cámara dos amordazados"

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo denunciou que o Partido Popular quere transformar o Parlamento de Galicia “na Cámara dos amordazados”.

A deputada socialista fixo esta afirmación tras celebrarse no Parlamento a Comisión 5ª de Sanidade e Política Social e Emprego, na que constaban 8 puntos na Orde do Día, e dos que foron retirados 4 puntos. Ademais dita Comisión suspendeuse 3 veces e tivo que repetir 2 votacións, xa que faltaba un deputado do PP para acadar a maioría na mesma.

Ao concluír esta Comisión Sestayo explicou que defendeu no Parlamento de Galicia dúas proposicións. A primeira iniciativa reclamaba urxir os trámites pendentes para abrir o Centro de Día do Concello de Ares, que foi rexeitada polo PP, e a segunda proposta reclamaba a mellora da Lei de promoción da autonomía persoal, proposta que foi aprobada gracias a abstención do Partido Popular.

Sestayo dixo que á representante do PP “non lle gustan as criticas que verquimos do PSdeG-PSOE sobre a dependencia en Galicia, e a deputada do PP, Marta Rodríguez asegurou textualmente que estaba cansada da oposición, e afirmou que non ía a participar no Debate”.

Así as cousas a deputada socialista lémbralle á representante do PP que o Parlamento de Galicia é a Cámara de representación popular, onde o debate con sana confrontación ideolóxica, e que pretende resolver os problemas dos cidadáns que nos elixiron democraticamente.

Nese senso Sestayo anunciou que o Grupo Parlamentario Socialista vai seguir traballando, presentando propostas e denunciando os incumprimentos do Goberno de Feijoo.

A parlamentaria socialista argumentou que a primeira proposición sobre o Centro de Dia de Ares tivo que repetirse 3 veces a votación, xa que faltaba un deputado do PP, houbo un empate, e cando chegou o deputado popular repetiuse a votación, e a proposta foi rexeitada.

3 suspensións
Explica tamén que a Comisión tivo que suspenderse nun total de 3 ocasións, primeiro para que voltara o deputado que faltaba para votar, despois o Presidente da Comisión pediu tranquilidade aos voceiros dos partidos políticos, e suspendeuna 5 minutos, e por último no debate da ultima iniciativa.

Miguel Santalices
Na segunda iniciativa parlamentaria sobre a Lei da Dependencia, que foi aprobada coa abstención do PP, denuncia que os populares non exerceron o dereito ao voto.
Pola súa banda o presidente da Comisión, o deputado popular Miguel Santalices, deu a entender que o Grupo Popular se abstiña, cando realmente non ocorreu así porque os deputados do PP non levantaron a man para amosar o seu voto.

No discurso da votación Sestayo reclamou que se cumprira o regulamento da Cámara, para que se volvese a repetirse a votación, entón finalmente as representantes do PP levantaron a man e amosaron a súa abstención nesta proposta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar