Sestayo: "Levamos dous anos esperando polos datos da dependencia en Galicia"

Sestayo: "Levamos dous anos esperando polos datos da dependencia en Galicia"

Sestayo: "Levamos dous anos esperando polos datos da dependencia en Galicia"

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre o numero de persoas rexistradas dependentes no concello de Ourense.

Alí dixo que non é o Partido Popular quen xestiona a dependencia en Galicia senón o Goberno da Xunta, e nese senso reclamou mais respecto para as institucións autonómicas.

A portavoz de Políticas Sociais lembrou ademais que esta Lei foi aprobada cos votos do Partido Socialista “pero non cos do PP”. Advertiu que o Goberno de Feijoo reclamou a suspensión da aplicación da Lei da dependencia, como tamén fixeron outras Comunidades do PP.

A parlamentaria socialista esixiu explicacións sobre as persoas que non están en vigor rexistradas na provincia de Ourense. E sobre os Informes Sociais que realizan o persoal de servicios sociais dos concellos critica que foi reducido, co único fin de deixar a persoas sen dereitos.

Sestayo reclamou explicacións sobre as listas de espera no fogar, ou sobre a prestación da dependencia. ou cantas persoas hai en lista de espera en centros de Dia ou en atención especializada. “Levamos case 2 anos esperando por estes datos”, replicou.

Solicitude de amparo na Comisión 5ª

No debate desta iniciativa a deputada socialista reclamou ao Presidente da Comisión, a súa protesta e a petición de amparo, por denegarlle que constase en acta por unha petición de cuestión de orde. Unha solicitude que esta amparada polo Regulamento da Cámara Autonómica. A petición finalmente foi aceptada polo Presidente.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar