Sestayo lembra a Feijóo que en dous anos non fixo unha soa escola infantil nova

Sestayo lembra a Feijóo que en dous anos non fixo unha soa escola infantil nova

Sestayo lembra a Feijóo que en dous anos non fixo unha soa escola infantil nova

A portavoz de Políticas Sociais e Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, lembroulle ao presidente da Xunta que en dous anos aínda non foi quén de facer unha soa escola infantil nova. En resposta á promesa electoral de novas prazas para nenos e nenas, lembrou que ata o momento “tódalas escolas foron proxectadas ou iniciadas polo goberno socialista”.

Sestayo lamentou que a Xunta teña demostrado “iniciativa cero” en canto ás escolas infantís, así como as ludotecas, co que “demostra ben ás claras a carencia de medidas e compromiso coa conciliación familiar e laboral”. Dixo que “ademais de non ser quen de facer novas escolas, teñen outras tantas comprometidas pero coa obra paralizada a pesares de ter os terreos cedidos polos concellos”.

A responsable socialista recomendou ao presidente da Xunta de Galicia “que se poña dunha vez de acordo coa conselleira de Traballo e Benestar” xa que coa de hoxe “xa van catro cifras diferentes de prazas de escolas infantís no que vai de lexislatura”. De feito, engade, “a propia conselleira afirmou en sede parlamentaria que as 4.500 prazas para 2013 xa estaban creadas”.

Lamentou a “caradura” da Xunta ao anunciar hoxe en Pontedeume a creación dunha nova escola infantil “que por certo puxo en marcha o goberno socialista na localidade e que foi boicoteada polo actual alcalde do PP ao non ceder os terreos ao goberno socialista para proceder á ampliación de prazas”. Considera “curioso, cando non pintoresco, que se lembren deste proxecto a tres días das eleccións municipais”.

Tamén criticou a “absoluta falla de respecto institucional” xa que ao acto de hoxe “non foi convidado ningún dos membros da corporación municipal que non fora do PP, a pesares de que gobernan co mesmo número de concelleiros que os socialistas pero con menos votos”.

Lei de Familia

Sestayo tamén respondeu ao presidente da Xunta e a súa defensa da Lei de Familia sinalando que “realmente é pioneira nunha cousa: a intención de construír unha máquina do tempo que retrase o papel da muller en dous séculos”. Considera “inconcebible” que o presidente da Xunta se sinta “orgulloso” dunha norma que “anula os servizos públicos, a capacidade de decisión e o desenvolvemento persoal das mulleres”.

Considera “aberrante” que como solución para aumentar a demografía “defenda meter aos nenos e nenas en institucións de protección, por certo privatizadas polo PP” nun xiro “máis achegado a outras épocas nas que imperaba a institucionalización e a concesión de nenos propios en adopción”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar