Sestayo: "Feijóo sepulta os dereitos das mulleres"

Sestayo: "Feijóo sepulta os dereitos das mulleres"

Sestayo: "Feijóo sepulta os dereitos das mulleres"

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo lamenta a fuxida do Partido Popular de Galicia cara a extrema dereita. Asegura que o Goberno de Feijóo pretende sepultar os diferentes modelos de familia tradicional. A deputada fixo esta declaración tras coñecer que o Consello da Xunta aprobou hoxe o anteproxecto de Lei de Familia.

Sestayo acusa a Feijóo de “sepultar os dereitos das mulleres en favor dos recortes nos servicios públicos”, espetou.

A parlamentaria socialista di que o Presidente da Xunta iniciou unha andaina cun proxecto de lei perigoso, reaccionario e propio doutras épocas. Ademais lembrou o Informe do CES, no que sinala que esta normativa é regresiva e ten unha visión patriarcal da muller como nai. Por iso lamenta que o PP non escoite á cidadanía, e afirma que os que dirixen as políticas son “os grupusculos da extrema dereita de Galicia”.

Ademais cualificou a Feijóo como o alumno mais avantaxado da escola de Camps e Esperanza Aguirre, xa que ven de impulsar un proxecto de Lei no que se reclama incluso que se entreguen os fillos a institucións, por certo privatizadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar