Sestayo: "Feijóo é un hipócrita sin escrúpulos en materia social"

Sestayo: "Feijóo é un hipócrita sin escrúpulos en materia social"

Sestayo: "Feijóo é un hipócrita sin escrúpulos en materia social"

A secretaria de Xustiza e Benestar do PSdeG, e portavoz desta área no Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Beatriz Sestayo, acusou a Feijóo de “hipócrita e sen escrúpulos” en materia social, por considerar que “pretende limpar a súa conciencia apelando á beneficencia”.

Sestayo criticou que Feijóo utilice medidas propagandísticas como o anuncio de incremento de axudas a comedores sociais e albergues “cando foi o propio Feijóo e o seu goberno os que recortaron os orzamentos de loita contra a pobreza en máis dun 50 por cento, baixo a falsa escusa da austeridade”.

Así, denunciou que “nun exercicio de cinismo e hipocresía” Feijóo oferta agora axudas, cando foi o seu goberno o que suprimiu nos orzamentos deste exercicio todas as oficinas de Inclusión Social das grandes cidades e do consorcio das Mariñas, deixando así a 6.000 familias en risco de exclusión social totalmente desatendidas pola Xunta.

“Feijóo I o austero é o gran depredador das políticas sociais en Galicia” apuntou Sestayo, quen anunciou que o Grupo Parlamentario dos socialistas galegos presentará varias iniciativas parlamentarias a fin de que o Goberno galego explique “cal é a súa verdadeira preocupación polos albergues e centros de inclusión social” e os motivos polos que paralizaron as oficinas de inclusión social e reduciron os orzamentos de loita contra a pobreza.

“O que está a facer Feijóo é un exemplo máis das políticas tradicionais da dereita máis rancia, que tenta lavar a súa conciencia pola supresión das políticas sociais máis elementais coa beneficencia propia da esmola dos domingos”, concluíu a socialista.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Neste día de triunfo dos demócratas fronte os corruptos, nesta mañá na que a liña de flotación dos franquistas recalcitrantes á legalidade e honestidade, debo e quero felicitar a dona Beatriz Sestayo polo emprego de estas verbas claras, direitas, sen ambaxes e as medias tintas que, por causa do “políticamente correcto” do parlamentarismo insulso, moitos cidadans están cada día máis lonxe das institucións políticas.
    Penso que se non hai unha volta ás oríxenes socialistas, se os parlamentarios resultan inacceibels nas súas cadeiras, se empregan o posto acadado polos votos para perseguir aos adversarios… Se, en fin, a democracia se converte nun “todo vale”, as armas do sistema democrático, isto é, as verbas, quedarán valeiras e o perigo, nestes momentos de crise do post-capitalismo sería a “mexicanización” de Galiza, un país no que os “narcos” e os corruptos toman o poder fáctico destruyendo o que con tanto esforzo e sacrificio de tantas vidas malogradas desde hai tanto anos puideron deixarmos os loitadores pola liberdade.
    Unha aperta solidaria e un forte dexexo de liberdade nos parlamentarios!

Deixar a resposta

Pechar