Sestayo esixe que a Xunta rectifique os recortes ao Plan Concertado, que asfixian aos concellos

Sestayo esixe que a Xunta rectifique os recortes ao Plan Concertado, que asfixian aos concellos

Sestayo esixe que a Xunta rectifique os recortes ao Plan Concertado, que asfixian aos concellos

A parlamentaria socialista, Beatriz Sestayo Doce, esixiu ao Goberno galego que rectifique os recortes ao Plan Concertado de Servizos Sociais que está a levar a cabo nas liquidacións aos concellos a Consellería de Traballo e Servizos Sociais.

Este recorte acada o 80% de media, o que está a provocar a asfixia financeira dos concellos, que xa anuncian a súa preocupación pola continuidade dos servizos que prestan a través deste plan e, polas consecuencias “nas persoas que precisan destes servizos sociais para ter unhas mínimas condicións de benestar” nun momento de condicións económicas terribles.

Precisamente, por estar inmersos nesta situación a deputada socialista non comparte que o Goberno de Núñez Feijóo “recorte catro veces maís en gasto social que en calquera outra partida”.

Afirma tamén que, desde a entrada de Feijóo na Xunta vén supoñendo un ataque directo ao Plan Concertado. Os recortes que se teñen feito por parte do Estado, entre o 5 e 10% segundo fontes da propia consellería, distan moito do 80% que leva a cabo o departamento de Beatriz Mato. Cualifica este nivel de recorte de alarmante, e sen precedentes, incluso durante gobernos anteriores do Partido Popular.

Sestayo conclúe que se debe a falta de compromiso do Executivo autonómico coas políticas sociais e esixe que atenda ás demandas dos concellos para que se faga unha rectificación porque este recortes eran inxustos e non se podía facer política municipal e afectaba a servizos tan importantes como a axuda a domicilio.

OS INCUMPRIMENTOS DE MATO ASFIXIAN AOS CONCELLOS E POÑEN EN RISOC A PRESTACIÓNM DE SERVICIOS SOCIAIS DE CALIDADE PARA TODOS

A deputada socialista fixo un recorrido cronolóxico dos constantes recortes do Plan Concertado da actual administración autonómica. Primeiro, dixo Sestayo, “ López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade, recoñecía que ao comezo do mandato se producira o maior atraso no pago do Plan Concertado.

Logo, a Conselleira, Beatriz Mato, anunciaba non só que se mantería o orzamento previsto, senón que se acelerarían os procesos para evitar que os concellos tiveran que adiantar os pagos.

A realidade é que os concellos tiveron que adiantar os pagos coma sempre. Que comprometeron investimento e presupostaron servizos en base á palabra de manter o orzamento da Conselleira e “agora vense asfixiados polo anuncio dun recorte do 80%”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar