Sestayo esixe á Xunta explicacións sobre onde están os fondos estatais para ao Plan Concertado

Sestayo esixe á Xunta explicacións sobre onde están os fondos estatais para ao Plan Concertado

Sestayo esixe á Xunta explicacións sobre onde están os fondos estatais para ao Plan Concertado

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, esixiu á Xunta que explique “onde están os fondos estatais correspondentes ao Plan Concertado de políticas sociais municipais”. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei en Comisión para garantir o mantemento deste plan e rectificar os recortes aplicados pola Xunta, que rexeitou o PP.

Sestayo advertiu que o Goberno galego ten secuestrado o 80 por cento dos fondos que lle corresponden aos concellos galegos para destinar a políticas sociais municipais que “non aparecen por ningún lado”. Denunciou a “arbitrariedade” amosada polo Goberno galego ao decidir paralizar estas axudas ás que está obrigado por canto os fondos proceden do Estado e están destinados á finalidade do Plan Concertado.

A responsable socialista sinalou que, deste xeito, a Xunta “traslada a súa débeda aos concellos galegos, aos que asfixia incumprindo as súas obrigas como antes incumpriu o Pacto Local”. Sestayo lembrou o voto unánime na Deputación de Ourense a favor de reclamarlle á Xunta de Galicia que cumpra cos seus compromisos, e que foi apoiado polo PP nesa provincia.

Acusou ao goberno galego de asfixiar aos concellos provocando que non poidan financiar os seus programas e así condenando a “milleiros de persoas que quedan privadas de axudas sociais comunitarias ou de axuda a domicilio”. Ademais, dixo, deste xeito “privan aos concellos da posibilidade de desenvolver os servizos sociais básicos para as persoas mais vulnerables por unha decisión unilateral en base á súa falsa austeridade”.

Explicou que, de acordo co informe sobre a Lei da Dependencia elaborado pola Plataforma de Defensa da Sanidade Pública, a Xunta incumpre co financiamento porque, mentres lle corresponde financiar o 50 por cento, só aporta a metade entre copago e fondos propios. Isto fai que o Estado teña que financiar mais do 70 por cento dos fondos da Lei de Dependencia, tal e como confirma o Observatorio da Lei da Dependencia.

A responsable socialista acusou ao PP de retratarse como “a dereita mais dura de Europa, un goberno sen escrúpulos que non garanten a igualdade de oportunidades”. Lembrou a denuncia feita pública onte polos alcaldes e alcaldesas socialistas contra unha decisión “que nos parece ilegal porque vulnera o principio constitucional de que as administracións deben garantir este principio”.

Os socialistas presentaron unha iniciativa para que o PP “rectifique” nunha política que “afoga aos concellos e deixa a milleiros de persoas condenadas a non recibir axuda no fogar, cos concellos -que tiveron que adiantar estes pagos- totalmente hipotecados”. Ademais, advertiu, “condenan á destrución de numerosos postos de traballo que se dedican ao traballo social, educación social, monitores de tempo libre ou coidadores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar