Sestayo esixe a Feijóo que garanta a cobertura de prazas públicas de escolas infantís

Sestayo  esixe a Feijóo que garanta a cobertura de prazas públicas de escolas infantís

Sestayo esixe a Feijóo que garanta a cobertura de prazas públicas de escolas infantís

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo anunciou que rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica nas que reclama ao Goberno de Feijoo garantir a cobertura de prazas públicas suficientes de escolas infantís que atendan à demanda existente, sendo esta unha prioridade de goberno, co fin de que garanta a cobertura orzamentaria necesaria mediante os procedimientos precisos de forma urxente. Ademais solicita construír ludotecas públicas que posibiliten a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. E pide tamén que ambas infraestructuras sociais se poñan en funcionamento con xestión pública.

Sestayo sinala que a conciliación da vida laboral, persoal e familiar constitúe un piar fundamental para o desenvolvemento integral das mulleres,das familias e das persoas que as integran .Advirte que é necesaria unha aposta por políticas públicas que garantan a cobertura de prazas suficientes para atender à poboación infantil de cero a tres anos, asevera que “ debe ser unha obriga inescusable da administración autonómica”.

A deputada advirte que Núñez Feijoo leva anunciando medidas de apoio à familia discursivas “que confrontan cunha realidade que non quere ver nin atender”.

Así as cousas cualifica os constantes anuncios de Feijoo sobre a construcción de prazas públicas en escolas infantís como “un espectáculo de «cifras acordeón» que soben ou baixan en función de quen as anuncia, ou de que día da semana é”, ironizou. Por iso replica que incluso os mesmos responsables autonómicos se contradín sobre as prazas anunciadas ou ofertadas.

A aposta pola familia do PP

Sestayo dixo que aposta pola familia que fai o goberno do PP resúmese nun proxecto de lei que non garante a cobertura desas prazas públicas de escolas infantís.

Ademais denuncia que a día de hoxe constatase que existen escolas infantís rematadas e pechadas “e mentres as nenas e nenos non atopan praza”. E por ultimo advertiu que o número de ludotecas públicas autonómicas creadas por Feijoo “foi de CERO”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar