Sestayo esixe a Feijóo que explique a chuvia de incumprimentos que converteu Ferrol nunha cidade pantasma

Sestayo esixe a Feijóo que explique a chuvia de incumprimentos que converteu Ferrol nunha cidade pantasma

Sestayo esixe a Feijóo que explique a chuvia de incumprimentos que converteu Ferrol nunha cidade pantasma

Beatriz Sestayo anunciou unha batería de iniciativas para que o Presidente E O Goberno galego se pronuncien sobre o dique flotante, o centro de reparación, os floteis e os gaseiros

Ferrol vive unha situación excepcional é “unha cidade en agonía” co 32% de paro e perdeuse o 90% do emprego das empresas auxiliares

A parlamentaria socialista, Beatriz Sestayo, ven de denunciar “a pasividade e a absoluta incompetencia de Feijóo e do Goberno de Galicia co Naval e sinaladamente co Naval de Ferrol”.

A deputada ferrolá recordou que “fai un ano da sesta do presidente de Navantia nos estaleiros de Ferrol, na xuntanza en que se denegaba a construción do dique flotante e miles de traballadores esperaban a decisión”.

Esta imaxe “se repite agora co Goberno galego, Feijóo parece estar de sesta, aínda que el sexa máis de festas”, dixo. A parlamentaria do PSdeG critica a “chuvia de incumprimentos do presidente galego converteron a Ferrol nunha cidade en agonía, que está a vivir un pesadelo”.

Ferrol vive unha “situación excepcional” que levou aos socialistas a convocar unha interparlamentaria, “por primeira vez nesta cidade co asunto monográfico do Naval e o desemprego”. Ferrol atópase co 32% de paro e perdeu o 90% do emprego da empresa auxiliar do naval.

Beatriz Sestayo fixo estas declaracións nunha rolda de prensa para presentar unha batería de iniciativas para lograr que o presidente compareza e explique “os incumprimentos” coa cidade departamental. Citou a deputada ferrolá o centro de reparacións, prometido en 2009, o dique flotante, tanto como proxecto como sobre a consulta a Bruxelas sobre a súa instalación, “as dúas mentiras de Feijóo”, os gaseiros e a construción do flotel.

Sobre o anuncio da contratación do flotel por PEMEX, que se dará a coñecer esta noite, Sestayo afirmou que “resultaría insólito que logo de telo celebrado, con champán incluído, cando non había nin contrato pechado nin cortes de chapa de inmediato, como dicía Feijóo, non se conseguira o contrato”.

Outra cuestión e que “o quinto episodio do culebrón do flotel, de adxudicarse, como admitía o propio director xeral de Industria 400 postos de traballo, non os 3000 anunciados por Feijóo”, polo que “non serven para despegar a subactividade duns estaleiros que perderon a día de hoxe 4.217 persoas”.

O Partido Socialista “quere responsabilidades políticas”, afirma Sestayo. Esixe a Feijóo respostas para unha cidade que soporta o 32% de paro, unha “cidade pantasma”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar