Sestayo esixe a Feijóo que compareza de inmediato para amosar os documentos que teña de Pemex

Sestayo esixe a Feijóo que compareza de inmediato para amosar os documentos que teña de Pemex

Sestayo esixe a Feijóo que compareza de inmediato para amosar os documentos que teña de Pemex

A candidata número tres pola provincia da Coruña e tamén secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, esixiu a Feijóo que “exhiba de inmediato” a documentación sobre os floteis de Pemex que tantas dúbidas están xerando. Sestayo realizou esta reclamación despois de que os medios, tanto nacionais como internacionais, recolleran a comparecencia en México do director xeral de Petróleos Mexicanos, Juan José Suárez Coppel, que fixo unhas declaracións contundentes acerca da construcción dos floteis.

A candidata pediulle á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, que “non sexa cómplice do electoralismo do presidente da Xunta e esixa os documentos relativos a Pemex aos que vén facendo alusión o propio Feijóo”. Así mesmo, asegurou que os representantes do grupo parlamentario socialista na Permanente –órgano autonómico que segue funcionando ata que tome posesión a nova Cámara- “utilizaremos todos os medios que sexan necesarios e días hábiles que resten para esixir a Feijóo e ao PP toda esta documentación”.

“Se Feijóo non ten nada que agachar, que o mostre xa”, dixo Sestayo, para a que “é máis que doado clarificar esta situación que non só está a preocupar fondamente aos socialistas, senón ás moitas familias que viven do naval e ven cómo se está xogando dende as filas do PP cos seus postos de traballo para gañar, ao prezo que sexa, as eleccións do 21 de outubro”. A este respecto, Beatriz Sestayo lembrou como esta práctica é a que vén poñendo en práctica o Partido Popular nesta comarca, xa en 2009, coa promesa de Feijóo (con contrato asinado cos ferroláns e ferrolás) de crear un grande centro de reparacións con 2.000 novos postos de traballo, ou a de aprobar o dique flotante ao día seguinte de que Mariano Rajoy gañase as eleccións xerais do pasado ano. “Nin centro de reparacións, nin dique e, o que é peor, eses 2.000 postos de traballo son os que se perderon en menos dun ano”, afirmou a responsables socialista, que engadiu que “o PP de Feijóo xa desfixo a comisión de seguimento do dique e anunciou 3.000 postos de traballo cos floteis cando non pasarían de 350; e, iso, se finalmente se constrúen nos asteleiros galegos”.
A candidata número 3 anunciou, ademais, que a Xunta Electoral Central ratificou a condea a Feijóo da Xunta Electoral Autonómica polo anuncio deste suposto contrato, ao considerar electoralista o mesmo, tal e como acusaba a formación socialista. Para Sestayo, esta situación é o “colmo do esperperto”, xa que “a Xunta Electoral condea a Feijóo por electoralista un acto de sinatura dun contrato que pode ser que nin sequera exista”.

VOTO EN CONTRA DO PP A UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL NA DEPUTACIÓN
Por outra banda, o grupo do PP votou en contra esta mesma mañá dunha declaración institucional do PSOE, presentada a instancias do alcalde de Ares, Julio Iglesias –rexedor socialista que, ademais, forma parte da Comisión de Seguimento do dique-, na que se pedía que o pleno da Deputación acordase “apoiar inequívoca e solidariamente todas e cada unha das reivindicacións da representación dos traballadores de Navantia e das auxiliares, sinaladamente a construción do dique flotante, a consecución inmediata de carga de traballo para os asteleiros, o levantamento do veto que pesa sobre Navantia Fene e a exposición pública do contrato asinado entre Pemex e Navantia”.
Para Sestayo, a negativa do Partido Popular é “lamentable e amosa o que verdadeiramente lle preocupa o naval aos populares e especialmente ao seu presidente, o ferrolán Diego Calvo”. “Por que o PP non apoia unha moción que defende os intereses do naval e do seu futuro?”, preguntouse a candidata socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar