Sestayo di que o compromiso de Feijoo con Ferrol e os seus asteleiros son “cero euros”

Sestayo di que o compromiso de Feijoo con Ferrol e os seus asteleiros son “cero euros”

Sestayo di que o compromiso de Feijoo con Ferrol e os seus asteleiros son “cero euros”


A deputada ferrolá do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre cando vai funcionar o Centro de Reparacións e Dique flotante comprometidos polo Presidente da Xunta nos asteleiros da Ría de Ferrol.

Sestayo lembrou que un dos compromisos de Feijoo durante a campaña electoral foi a construcción con fondos propios dun gran centro de reparacións nos asteleiros de Navantia en Ferrol, unhas dos promesas na cidade naval.Así as cousas a deputada advirte a día de hoxe, e tras mais de 2 anos de Goberno de Feijoo, este centro “segue sen existir”.

Lembra ademais que hai acordo da Cámara Autonómica, xuntos cos sindicatos, asociacións empresariais, a Asociación Impulsora do Plan Ferrrol, plataforma cidadáns, que reclaman dotar aos astelerios dun dique flotante de reparacións que garanta unha carga de traballo en 2 anos e medio.

A deputada ferrolá insistiu nas súas preguntas ao Conselleiro de Industria e preguntoulle novamente si o Goberno de Feijoo vai financiar o 50% do fique flotante?, como xa comprometera. Pero replica que os orzamentos de Feijoo “dan cero euros para os asteleiros”, resumiu.

E envioulle unha mensaxe a Feijoo e preguntoulle “cándo decidiu que os asteleiros non son competencia da Xunta, ou cando prometía o centro de reparacións ou cando incumpre agora a súa promesa?”, lamentou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar