Sestayo di que as políticas sociais do goberno de Feijoo son “a esmola, a caridade e as sobras”

Sestayo di que as políticas sociais do goberno de Feijoo son “a esmola, a caridade e as sobras”

Sestayo di que as políticas sociais do goberno de Feijoo son “a esmola, a caridade e as sobras”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar ao Goberno de Feijoo que rectifique a súa decisión de destruír os equipos de inclusión das grandes cidades e a tomar as medias necesarias  para volver a instauralas de forma inmediata. A proposta foi rexeitada polo Partido Popular.

Sestayo advirte do deterioro dos servicios publicos en Galicia dende a chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta. Afirma que hai un fracaso palmario na educación publica, ademais da privatización da sanidade, xunto coas taxas de emprego son un claro exemplo da nefasta xestión deste Goberno do PP.

Afirma que a única política de Feijoo destinada aos servicios sociais “ é esmola a caridade e as sobras”, espetou. Replica que a pobreza medra “mes a mes en Galicia e a Xunta mentres substitúe os servicios sociais por beneficencia”. Lembra tamén que na nosa Comunidade hai mas de 60.000 persoas en situación de pobreza severa.

Na súa intervención Sestayo emprazou a representante do Partido Popular a que lle indicase un Concello de Galicia donde existise un equipo de inclusión social. “Non hai ningún”, insistiu a voceira socialista.

Tamén aludiu as cifras, e afirma que o orzamento destinado as políticas sociais e de inclusión social “reduciuse o 50%”.

Dixo que o ataque constante do Goberno Feijoo e da conselleira de Benestar, Beatriz Mato, é un perigo constante para a cohesión social neste país. Asegura que a potenciación de políticas creadoras de brechas sociais, o abandono das persoas más vulnerables, e a destrucción de empregos públicos destinados ás políticas sociais xunto ao abandono das políticas activas de inserción sociolaboral está a levar a Galicia á aparición de bolsas de pobreza e de persoas con carencia de recursos públicos.

Colapso dos servicios

A deputada socialista denuncia que a destrucción dos equipos de Inclusión nas grandes cidades e no consorcio das Mariñas está a levar a un colapso dos servizos sociais municipais na atención ás persoas atendidas antes polos equipos de inclusión, e tamén a unha desesperación en familias con escasos recursos.

6.000 persoas desamparadas

Argumenta que a día de hoxe hai unhas 6000 familias que estaban incursas nos itinerarios do Plan de Inclusión, que están desamparadas baixo o único apoio dos concellos, desbordados por esta situación, sen esquecer os empregos públicos perdidos nesta atención imprescindible nun estado social.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar