Sestayo di que as políticas sociais de Feijoo “levan os dereitos dos galegos dous séculos atrás”

Sestayo di que as políticas sociais de Feijoo “levan os dereitos dos galegos dous séculos atrás”

Sestayo di que as políticas sociais de Feijoo “levan os dereitos dos galegos dous séculos atrás”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo denunciou o ataque frontal do Goberno de Feijoo contra ás políticas sociais de Galicia. Afirma que é un ataque aos servizos comunitarios, á corresponsabilidade, ás mulleres, a liberdade, aos servizos públicos e tamén un ataque á intelixencia humana .

Sestayo que interveu hoxe no Pleno do Parlamento, para rexeitar a Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia, asegurou que o PP de Feijoo pretende conseguir pola vía do rodillo o que non conseguiu ante o Tribunal Constitucional.
A deputada cualificou este texto normativo como profundamente ideolóxica, regresiva, paternalista, hipócrita e profundamente mala. E insistiu nas súas criticas “un texto que se aproba para afirmar literalmente a protección institucional do dereito a vida”. E resumiu “hoxe aprobase unha lei froito da vocación nacionalcatólica que impregna moitas das medidas do Goberno de Feijoo”.

Así as cousas a portavoz de políticas socias afirmou que dende a chegada de Feijoo á Xunta “levamos viaxando atrás no tempo”. Asevera que o seu Goberno “leva vagóns cargados de metralla contra a educación pública, a sanidade pública, as políticas sociais, a lingua ou a Igualdade na nosa Comunidade”, e proseguiu “hoxe é un bo exemplo desa máquina do tempo infernal”, resumiu.

Tamén aludiu aos recortes do PP en política social, e sinalou “a desobediencia institucional á Lei de Igualdade na conformación do seu Goberno, que continuou ca supresión do Servizo Galego de Igualdade, a supresión de programas de igualdade, a desatención dos CIM, o recorte de orzamentos destinados a políticas de igualdade (que se reduciron ata o 80%)”, proclamou.
Recortes

Na súa intervención tamén aludiu aos recortes no Plan Concertado, nos programas da loita contra a pobreza, de integración das minorías étnicas, entre outras. Dixo que a Consellería “vende mediáticamente da mesma forma que vende ao mellor postor os servizos públicos”, espetou .

Asevera que o Goberno de Feijoo pretende impor os modelos da minoría á maioría social. Sestayo di que esta Lei non ten medidas reais hai para a protección das familias en Galicia. Replica que “é todo o contrario, xa que pretende substituír os servizos públicos de conciliación familiar pola sensibilización sobre a importancia da maternidade”.

Ademais aludiu ao despedimento dunha muller na Xunta de Galicia por estar embarazada “esa é a súa política de protección da maternidade”, criticou. “O PP e o Goberno de Feijoo predica e no practican, típico de quenes fan da hipocrisía a súa arma política”, proclamou.

O PP quere ignorar

E por ultimo dixo que a maioría do PP quere ignorar o Informe do Consello Económico Social, tamen ignora o que di a oposición, o que din as asociacións de mulleres, o que din as profesionais dos servizos públicos e o que din as expertas e expertos

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar