Sestayo di que as políticas frívolas de Feijoo amosan “o incremento da pobreza en Galicia”

Sestayo di que as políticas frívolas de Feijoo amosan “o incremento da pobreza en Galicia”

Sestayo di que as políticas frívolas de Feijoo amosan “o incremento da pobreza en Galicia”

A portavoz de Políticas Sociais  do Grupo Parlamentario Socialista Beatriz Sestayo denunciou hoxe, en rolda de prensa, o desolador panorama da pobreza en Galicia. Asegurou que as cifras reflicten que no ultimo ano “o numero de persoas en situación de pobreza na nosa Comunidade incrementouse entre o 35% e o 40%, o que supón que perto de 500.000 persoas están en situación de pobreza ou risco de exclusión social”, espetou. Advirte que estas persoas non contan con ningún ingreso, e dependen da administración autonómica para acadar unha mellora na súa calidade de vida. Denuncia que esta situación “é o resultado das políticas frívolas de Feijoo” .

Afirma que “en Galicia existe a beneficencia”, e mentres “Feijoo esta de veraneo con poses frívolas e a nosa Comunidade camiña mais cara a pobreza”. Nese senso anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias “para impedir que a beneficencia sexa a política social da administración de Feijoo”.

A portavoz socialista dixo que o Goberno do PP reduciu os orzamentos para programas en materia de pobreza nun 50% con respecto ao ano anterior, denunciou tamén a demora na resolución dos RISGA “alcanza a cota de demora mais alta da historia de Galicia”, e puntualiza que o prazo de resolución esta en 9 meses, cando antes se realizaba en 3 meses. Argumenta que existen un 50% de peticións de RISGA favorables polos servizos municipais do Concello, pero que despois son rexeitadas pola Xunta “por vontade política”, sentenciou.

Así as cousas cualificou a situación “como catastrófica e desoladora e das peores de todo Estado”. E lembra os recortes de Feijoo “como a desaparición dos equipos de inclusión social, redución anual dun 50% do orzamento adicada á pobreza, desaparición das políticas de inmigración e a privatización das infraestruturas adicadas á dependencia”. E resumiu “a Xunta marxina ás persoas en risco de exclusión social”, e lembrou que Feijoo incumpriu as súas promesas electorais sobre a construción de centros de inclusión social e de albergues .

Dereita depredadora

Sestayo tamén asegurou que moitos concellos de Galicia están empezando a recibir as consecuencias da aprobación da Lei da Familia na nosa Comunidade. Neste punto denunciou que por primeira vez concellos como os de Ourense, Lugo, Ares ou Melide “teñen denegados as axudas e subvención da Xunta para prestar servizos de información para asistencia á violencia de xénero”, e di que van a parar “a outro programas alternativos que ninguén coñece”. Ademais advertiu da proliferación na nosa Comunidade de asociacións Pro-Redmadre e que están recibindo fondos que se retraen dos servizos públicos.  E concluíu “estamos ante a dereita mais cruel e mais depredadora dos servizos públicos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar