Sestayo denuncia que a Xunta denega as axudas do RISGA á metade dos 10.000 demandantes en Galicia

Sestayo denuncia que a Xunta denega as axudas do RISGA á metade dos 10.000 demandantes en Galicia

Sestayo denuncia que a Xunta denega as axudas do RISGA á metade dos 10.000 demandantes en Galicia

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, denunciou hoxe no Pleno do Parlamento que a Xunta está a denegar a Renda de Integración Social de Galicia –Risga- a 5.000 dos 10.000 demandantes. Así o dixo no debate dunha Interpelación socialista na que advertiu dun retraso de 8 meses nos pagos destas axudas.

Criticou a “despreocupación pola pobreza” amosada pola Xunta, logo de que anunciara que os demandantes atendidos do Risga pasaron de 6.497 en 2010 aos 4.989 que cifrou a conselleira Mato este mesmo ano -2.000 menos-. Fronte a esta redución nas persoas atendidas, a cifra oficial de demandantes aumentou nun 34,5 por cento das 7.000 rexistradas hai dous anos, sumando un total de 10.000.

Sestayo advertiu que mentres aumentan o número de demandantes e de persoas en risco de pobreza en Galicia, a Xunta reduce nun 50 por cento as partidas para loita contra a pobreza e eliminan os equipos de inclusión social. Criticou que “cando falan de políticas sociais vostedes falan de cociñas económicas, de axudas de emerxencia, caridade e beneficencia para entidades privadas que reparten limosna para lavar a súa conciencia”.

A responsable socialista lamentou que “mentres existen cartos para as falcatruadas urbanísticas de Barreiros e para a publicidade, hoxe 580.000 galegos e galegas sitúanse no umbral da pobreza”. Mentres, dixo, a Xunta deixa “en condicións de extrema pobreza” á metade dos demandantes da Risga, mentres os pagos para os beneficiarios pasaron dun retraso de 2 a 8 meses.

Así o revelan os datos revelados polo Instituto Galego de Estatística e os informes emitidos polo Valedor do Pobo, o sindicato UGT, Cáritas ou distintas entidades sociais e administracións locais.

Cruel e despiadada

A responsable socialista reprochou á conselleira de Benestar que convertera en “papel mollado” os anuncios de que Galicia ía converterse en pioneira e revolucionaria cunha Lei de Inclusión que aínda non chegou e reduciría os tempos de espera. A realidade, dixo, é que Galicia ten “bolsas de pobreza inmensas, brechas sociais crueis e despiadadas e Feijóo só da beneficencia ás cociñas económicas como única resposta”.

Sinalou así que ademais do aumento de persoas no umbral da pobreza, o número de fogares con tódolos seus membros en desemprego aumentou un 40 por cento, ata os 61.800, os parados que levan mais dun ano buscando traballo pasaron de 33.300 a 71.300, e o número de desempregados de longa duración triplicouse.

Advertiu que hoxe as familias teñen “medo” por “non poder pagar os libros de texto nin as vivendas en aluguer, nin contar con servizos públicos que atendan as súas necesidades, quedar sen bolsas de escolarización ou ver aos seus fillos excluídos dos comedores escolares ou quedarse en situación de desemprego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar