Sestayo denuncia o uso de “prácticas coercitivas” dende a consellería de Benestar

Sestayo denuncia o uso de “prácticas coercitivas” dende a consellería de Benestar

Sestayo denuncia o uso de “prácticas coercitivas” dende a consellería de Benestar

A portavoz de Xustiza e Políticas Sociais do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, denunciou o uso de “prácticas coercitivas” dende a consellería de Benestar para a formación de coidadores e coidadoras de persoas dependentes. Sestayo presentou unha pregunta oral na que denunciou que a Xunta “quere provocar baixas nas axudas á Dependencia”.

A parlamentaria socialista denunciou as “ameazas” formuladas dende a Consellería para coidadores e coidadoras de avanzada idade nas que advertían que de non acceder aos cursos de formación en prazos de 24 ou 48 horas perderían as axudas. Sinalou que “os socialistas estamos de acordo en formar aos coidadores, pero non de facelo mediante prácticas coercitivas”.

Engadiu que en outras autonomías como Andalucía o prazo para acceder aos cursos é de un mes, ademais de garantir o coidado e atención aos dependentes durante o transcurso destes. Criticou que en Galicia “non só non se garante –esta atención- senón que se empregan medios coercitivos para que estas persoas perdan o seu dereito á dependencia”.

Sinalou que a pesares de que a Xunta negou as chamadas, estas si que existiron e os coidadores xustificábanse apelando a “ordes de arriba”, “é inxusto pero eu non mando”, ou “é o que hai, señora, eu síntoo”.

Descoñecemento e ousadía

A responsable socialista lamentou o “descoñecemento e ousadía” amosados pola conselleira ao afirmar, noutra orde de cousas, que non tivera acceso ao informe do CES sobre a Lei de Familia, que “foi baixado por esta deputada onte mesmo dunha web que polo visto é inexistente para a Xunta de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar