Sestayo denuncia a "involución de dereitos dos inmigrantes" provocada polo PP

Sestayo denuncia a "involución de dereitos dos inmigrantes" provocada polo PP

Sestayo denuncia a "involución de dereitos dos inmigrantes" provocada polo PP

A sede de campaña do PSOE de Ferrol acolleu un encontro da candidata ao Parlamento, Beatriz Sestayo, con representantes das entidades de inmigrantes da cidade. Sestayo, que estivo acompañada por membros da Executiva e do partido, entre eles o responsable do Observatorio Social, Carlos Piñeiro, asegurou que se o PSdeG gaña as eleccións o 21 de outubro “volveremos ás políticas de Touriño despois da grave involución en dereitos aos provocada polos Gobernos do Partido Popular, para despois poder ir para diante e avanzar como sempre defendeu o Partido Socialista”.

A recuperación das Oficinas de Inmigración e das mesas de participación, ou a recuperación de dereitos no eido da sanidade –donde estanse a producir as políticas máis duras e restrictivas por parte do PP de Rajoy e de Feijóo, tal e como expuso Carlos Piñeiro, que abogou polo retorno ao Sistema Nacional de Saúde- e da educación –un dos colectivos máis afectados polas medidas do PP como a retirada da gratuidade de libros ou a eliminación de moitos profesores de apoio que traballaban en exclusiva con alumnado inmigrante para paliar os problemas do idioma- son algúns dos compromisos adquiridos esta mañá pola responsable socialista, que incidiu en que “temos que borrar o feito polo Partido Popular nestes anos e seguir traballando na erradicación da xenofobia”.

Sestayo dixo que “os dereitos constitucionais están sendo vulnerados e as persoas e colectivos máis sensibles, como os inmigrantes, son os que están sufrindo este dramático recorte dun xeito maior”. “A dereita cometeu tales atrocidades que abreu unha profunda brecha de desigualdade e inxustiza que esixe unha desposta inmediata”, subliñou a candidata número tres socialista, que engadiu que “moitos ollos están postos nas eleccións galegas para ver se frenamos a Rajoy porque se o Partido Popular gaña estes comicios, o presidente do Goberno verase refrendado para seguir con este atropelo de dereitos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar